Un ferido grave tras un atropleo dun camión en Baio

Esta mañá rexistrouse un atropelo importante en Baio, Zas, no km.57 da AC-552. Un camión atropelaba un peatón que irrumpiu na calzada, cruzando indebidamente. O condutor asegurou que non o viu e atropelouno. O peón resultou ferido de gravidade.

No lugar había unha enfermeira que prestou os primeiros auxilios ata a chegada da ambulancia, que o trasladou ao Hospital Virxe da Xunqueira.