O IES de Baio constrúe sociedade en base á cultura

O alumno Manuel Mourelle Castro foi o autor do cartaz

"Construíndo cultura, xerando sociedade", é o lema das XVIII Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio. O centro zaseiro celebra entre os días 13 e 16 de maio de 2024, estas xa recoñecidas xornadas nas que ademais renden homenaxe a Luisa Villalta,

Ao longo de toda a semana o alumnado poderá achegarse a diferentes modalidades culturais e aprender, da man dos seus protagonistas, os segredos e as esencias da literatura (Rosalía Fernández Rial), da arte de libros dobrados (Elena Caamaño), da música (concerto de Alana
Folk), da danza (actuación do grupo Mavedeus), do teatro (representación de Teatro Ghazafellos), da valoración do corpo (Bal Castro e Inés Santos), da fotografía (Jesús Pérez, Andrés García e Carla Andrade), dos xogos creativos (Pablo Osorio, Makei Makei), do deporte (Aprende a través do Surfing), da valoración do noso patrimonio máis próximo (visita aos Pazos do concello).

Mais tamén os alicerces para unha vida sa en democracia veranse reforzados co traballo en eidos tan fundamentais como a igualdade (Verónica Couto), en contra do racismo (Rocío Cadahía), no recoñecemento das emocións (Cámara Comercio da Coruña) ou na defensa da
diversidade afectivo-sexual e do seu coñecemento (Malaika Cousillas, Quérote+)

As novas tecnoloxías farán tamén acto de presenza (IT, Alberto Sánchez; IA, Fina Paulos e Óscar Rey). Igualmente, a nosa relación co mundo animal verase tratada a través do grupo de cans de rescate CA.SA.GA.

Unha Semana imposible de realizar sen o traballo de toda a Comunidade Educativa e de todas as persoas que comunican os seus segredos e saberes para que o noso alumnado se enriqueza de forma positiva.