Mexillóns, churrasco e foliada para a sesión vermú da Carballeira

Cé Orquesta Pantasma na sesion vermu do ano pasado da Carballeira de Zas

Segue collendo forma a 34ª edición da Festa da Carballeira de Zas. E unha das cousas máis singulares será a sesión vermú do sábado, cargada con 500 kilos de mexillóns. A organización organiza de balde esta mexilloada (entre as 13:00h e as 15:00h) para poder coller folgos e bailar a gusto coas bandas Dequenvessendo, Fanfarria Taquikardia e Ce Orquestra Pantasma.

Ademais, poderase desfrutar da cociña tradicional galega presente na Festa da Carballeira de xeito tradicional a través dunha gran churrascada.

A partir das 18:30 da tarde terá lugar a tradicional foliada, que reunirá como cada ano numerosos grupos e asociacións musicais tradicionais. Esta xuntanza, é tradicionalmente unha das máis multitudinarias de Galicia, na que se unen diferentes artistas sen importar a idade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).