O Concello de Zas dispón dun novo tractor para o mantemento da rede viaria municipal. Trátase dun tractor da marca McCormick, que leva dous aparellos (unha desbrozadora de brazo e unha trituradora), que servirá para axudar á brigada municipal que realiza durante todo o ano traballos de limpeza e mantemento das marxes viarias nos centros de quilómetros de pistas e camiños forestais.
A adquisición sae grazas a un convenio entre o Concello de Zas e a Consellería de Medio Rural. O importe total do novo equipamento ascendeu a 94.380 euros, dos cales o Concello de Zas asumiu os correspondentes ao IVE.