O concello de Zas reúnese cos pais e nais afectados polos recortes no servizo de pediatría

Dende a pasada semana, o servizo de pediatría dos centros de saúde de Zas e Baio reduciuse a 15 horas semanais divididas entre os dous centros sanitarios. A decisión do Sergas colleu por sorpresa ás case 200 familias usuarias deste servizo e tamén ao goberno municipal que solicitou información á Xunta de Galicia sobre esta decisión así como a duración da mesma. E co fin de informar ás familias sobre a situación así como de abordar as medidas a seguir, o alcalde de Zas - Manuel Muíño - manterá mañá ás 20:30 horas un encontro cos pais e nais afectados por estes recortes. A cita é no centro sociocultural de Zas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)