O concello de Zas reúnese cos pais e nais afectados polos recortes no servizo de pediatría
08:17 14/06/18
Dende a pasada semana, o servizo de pediatría dos centros de saúde de Zas e Baio reduciuse a 15 horas semanais divididas entre os dous centros sanitarios. A decisión do Sergas colleu por sorpresa ás case 200 familias usuarias deste servizo e tamén ao goberno municipal que solicitou información á Xunta de Galicia sobre esta decisión así como a duración da mesma.
E co fin de informar ás familias sobre a situación así como de abordar as medidas a seguir, o alcalde de Zas - Manuel Muíño - manterá mañá ás 20:30 horas un encontro cos pais e nais afectados por estes recortes. A cita é no centro sociocultural de Zas.
Novas relacionadas
- 07-06-18: O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría de Zas
- 12-01-18: O concello de Zas denuncia o mal funcionamento do servizo de pediatría nos seus centros de saúde
- 23-10-17: Zas continúa sen pediatra a pesar das escusas do PP
- 20-10-17: O alcalde de Carballo transmítelle ao xerente de Xestión Integrada do Sergas a necesidade de máis pediatras no centro de saúde:
- 07-04-16: Búscanse pediatras, de verdade, para Cee
- 2015: A Xunta non cobre a praza de Pediatría en Mazaricos porque “non hai especialistas en lista”.
- 04-09-15: Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.
- 07-04-14: 1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión.
- 26-03-14: Cee saíu unha vez máis á rúa a berrar pola Sanidade Pública.
- 19-03-14: 1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión.
- 2011: “Queremos pediatra tódolos días en Laxe”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])