O PanxoliñaZas volve con premios para os mellores vídeos

O concello de Zas -a través do servizo de Normalización Lingüística - organiza por segundo ano o PanxoliñaZas; un concurso 2.0 de panxoliñas, vilancicos, cantos de Aninovo ou de Reis coa idea de promover o uso do galego na tradición do Nadal. Poderán participar todos os veciños e veciñas do concello de Zas independentemente da súa idade. Deberán grabar un vídeo - de xeito individual ou en grupo - cantando en galego un canto típico do Nadal como pode ser unha panxoliña, un vilancico ou os tradicionais cantos de Aninovo ou de Reis, moi típicos da zona. Os vídeos deberán enviarse ao enderezo electrónico xema.sanjurjo@concellodezas.org indicando no asunto "concurso de panxoliñas" e cos datos dos participantes - nome, apelidos, DNI, idade, enderezo e teléfono de contacto -. Tamén se poden entregar no servizo de Normalización Lingüística do concello nun lapis de memoria ou a través da plataforma WeTransfer. Os vídeos teñen que ser recibidos por calquera dos dous medios antes do 16 de decembro de 2016. Os traballos publicaranse na páxina de Facebook do concello de Zas entre o 16 e o 26 de decembro. Levarán premio o vídeo máis popular en Facebook, o que teña mellor presentación e posta en escea, o que conte con máis fidelidade á tradición galega e o mellor vídeo infantil. Cada un deles recibirán un diploma de recoñecemento e un vale de 100€ para gastar nos locais comerciais do municipio. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas