O Mercado de San Ramón regresa este domingo ás Torres do Allo con vinte postos de artesanía e moita música

A contorna das Torres do Allo acollen este domingo, día 31, unha nova edición do Mercado de San Ramón; unha das festas tradicionais da nosa contorna recuperada hai uns anos polo equipo de Goberno do Concello de Zas.

O Concello de Zas, ademáis de acondicionar a contorna para a ocasión, habilitará unha zona para todas aquelas persoas que queiran desfrutar da súa propia merenda na festa, tal e como se facía anos atrás.

O Mercado de San Ramón é ademáis o encargado de pechar a programación de verán organizada polo Concello de Zas e que segundo indica o Alcalde, Manuel Muíño, “foi un éxito tanto na asistencia ás acFvidades como na calidade das mesmas”.

Artesanía e Música

Un dos pratos fortes deste evento é feira de artesanía, que este ano contará cuns vinte expositores chegados dende disFntos puntos de toda a comunidade e que ofrecerán produtos de todo Fpo feitos artesanalmente como coiro, resina, artesanía en papel, palla, xoguetes, instrumentos musicais, bisutería, cesteiría... Os postos estarán abertos ao público de 11:00 a 19:00 horas.

As 12:00 horas realizaremos un obradoiro de modelado de barro dirixido a todas as persoas, independentemente da súa idade, e para o que é necesario anotarse previamente no 981 718 056. Durante a xornada tamén haberá unha demostración de fabricación de pandeiros.

Coma sempre, a música terá un protagonismo especial. O grupo Unto Vello será o encargado de amenizar a sesión vermú, a iso das 14:30 horas. E á tarde, a parFr das 17:00 horas, Cé Orquesta Pantasma dirixirá un obradoiro sonoro para a rapazada seguido dun concerto co que pecharemos a festa.