Obradoiros, concursos e filloas protagonizan o entroido de Zas

Que o martes de entroido non sexa festivo local en Zas non impide que o concello programase para ese día os principais actos do carnaval. Así, o pavillón municipal de Zas acollerá a partir das 19 horas do 9 de febreiro un concurso de disfraces con más de 700€ en premios que se repartirán entre a categoría A (o-5 anos), categoría B (6-14 anos), categoría C (máis de 15 anos) e para grupos e comparsas. Antes do concurso de disfraces, entre as 16 e as 18 horas, haberá xogos, inchables e maquillaxe para os máis pequenos.  E para completar a festa non poden faltar as filloas que se repartirán entre todos os presentes. Outra das actividades que organiza o concello de Zas durante o entroido está dirixida aos máis novos do municipio. Os nenos e nenas poderán participar nos obradoiros que se realizarán nos centros socioculturales de Baio e de Zas. En Baio, serán o 5 e o 6 de febreiro - venres e sábado - en horario de tarde; mentras que en Zas serán os días 8 e 9 de febreiro - luns e martes - durante a mañá. Os nenos e nenas entre 5 e 12 anos que desexen participar deberán inscribirse previamente. Ademais, o concello de Zas colabora na organización da cea de entroido que organiza a asociación cultural Adro de Baio e que terá lugar o sábado, 6 de febreiro. Os socios poderán adquirir a súa entrada por 20€, mentras que os non socios deberán abonar 28€. Os nenos terán un menú por 6€. A maiores da música e da diversión, durante a cea haberá un concurso de disfraces.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Actualidade municipal