Os alumnos "Bos e Xenerosos" de Baio son os que consumen máis responsablemente de toda España
10 de setembro de 2010 (19:29 h.)
Un grupo de alumnos de 1º e 2º da ESO, baixo o nome grupal dos "Bos e Xenerosos" do Instituto de Ensino Secundario (IES) Maximino Romero de Lema vén de gañar un dos remios da quinta edición do concurso Consumópolis. Este premio que convoca anualmente o Instituto Nacional do Consumo, premia aos grupos escolares que consuman máis responsablemente.
Este equipo está integrado por Adrián Amarelle dos Santos, David Facal Fontes, Montserrat Cundíns Lema, Lucía Cariacedo Rivera, e Guillermo Gil Vázquez. O seu profesor é Afasto Figueroa Soto.
Todos eles recibirán un computador portátil e o instituto recibirá unha partida de material escolar, nun acto que se desenvolverá este mércores, día 22 de setembro, en Madrid, presidido pola titular do Ministerio de Sanidade, Trindade Jiménez.
Consumópolis
O concurso desenvólvese nunha cidade virtual chamada Consumópolis, á que se accede a través de Internet. O principal obxectivo deste concurso é concienciar aos escolares da importancia que teñen as súas decisións como consumidores na adquisición de bens e na utilización de servizos, especialmente naqueles aspectos relacionados co consumo reflexivo, saudable e crítico.Máis información
Novas relacionadas
- Pinchos responsables, obradoiros de Swaroski, teatro e monólogos na Semana Cultural de Zas.
- A horta de casa crece na Costa.
- O futuro da pesca: Un exemplo dende Lira.
- Carta da estudante de bacharelato do IES Maximino Romero de Lema, Laura Senande Corzón: "Que sorte isto de ter dous idiomas!".