Os maiores volven ás aulas da universidade

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156110236057177/?t=7

Así arrincaba a Universidade Sénior da Costa da Morte. Esa aposta da Universidade da Coruña pola democratización e deslocalización da formación universitaria. O Centro Sociocultural de Baio acollía a posta en marcha Programa Universitario para Maiores de 50 anos que se desenvolverá durante os meses de abril e maio.

Onte estiveron ante os máis de 60 inscritos a Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Educativa da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga; e a Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, acompañados polo Alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín, que representou tamén á Deputación da Coruña en calidade de Deputado.

Presentación da Universidade Senior na Costa da Morte

Vázquez deixou claro que o título “Compartir experiencias e coñecemento” ten moito sentido, porque neste caso os nosos maiores son pioneiros nesta inciativa da UDC e as súas aportacións serán fundamentais para o futuro do programa.

Quedan dous meses de intensa formación, con 3 seminarios tremendamente interesantes e algunha saída, que farán que os nosos maiores volvan disfrutar do pracer de aprender ca pizarra e a libreta.

Alumnos da Universidade Senior da Costa da MOrte
Primeira sesión informativa da Universidade Sénior da Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)