París de Noia e, por suposto, El Combo Dominicano encherán Baio polo San Cristóbal

Así estaba Baio con El Combo o ano pasado

Non falla. A Festa do San Cristovo de Baio chega sempre no momento xusto. Dá igual que sexa martes, que sábado, o pobo enteiro quece motores e saca a relucir as mellores galas.

E precisamente a procesión motorizada é un dos momentos máis esperados. Este martes 10 de xullo, despois das misa, arredor das 13:00h sairá a procesión motorizada, cos vehículos máis singulares vestidos de festa.

Pero este ano as protagonistas son as orquestras. A comisión conseguíu dous bombazos para as dúas noites de verbena. O martes será nada menos que a París de Noia a que amenice a noite, acompañada pola orquestra Foliada, que tamén estará na sesión vermú.

O mércores 11 Baio xa celebra a Santa Bárbara, e como non podía ser doutro xeito, non faltará El Combo Dominicano. Un ano máis, (dende 2011 que non faltan á cita baiesa, de feito, Baio foi un dos lugares onde se deu a coñecer esta orquestra, a día de hoxe unha das máis demandadas do país), porá o broche de ouro a estas festas especiais para toda a comarca de Soneira.

#SwingdelCombo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/comision-festas-baio-a-procesion-de-coches-de-san-cristobal-de-baio-ten-mais-de-75-anos-de-historia/ https://quepasanacosta.gal/baio-preparase-para-a-procesion-motorizada-mais-autentica-da-bisbarra/