Paula Carballeira devolve os contos que lle contaron ás Torres do Allo

Este vindeiro sábado 27 de agosto haberá sesión de contos nas Torres con Paula Carballeira, que nos presenta o seu espectáculo “Os contos que me Contaron”.
Despois de adicarse á narración oral como profesión, oficio artístico, desde hai máis de vinte anos, descubriu que os contos véñenlle a ela. E ela leva máis de 20 anos compartíndoos!

A entrada será de balde e a actuación comezará ás 20:00 horas no xardín do pazo das Torres do Allo. Está dirixido para o público xeral e familiar.