Presentadas cerca de 1.000 firmas para recuperar as 35 horas semanais no servizo de pediatría en Zas

Un grupo de nais e pais, acompañados do alcalde, presentaron onte as firmas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia As familias de Zas continúan loitando para recuperar as 35 horas semanais no servizo de pediatría. E precisamente onte, un grupo de pais e nais de Zas acompañados do alcalde, Manuel Muíño, entregaron Rexistro Xeral da Xunta de Galicia as case 1.000 firmas recollidas durante estes meses co propósito de que o Sergas restableza o servizo. As firmas, que representan máis do 20% da poboación, pertencen a veciños e veciños do municipio maiores de 18 anos o, cal, segundo indican dende a coordinadora "demostra a preocupación da veciñanza".  A Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría” ten previsto realizar novas accións nos próximos días co fin de que o Sergas restableza o servizo xa que dende o pasado mes de xuño o especialista en pediatría presta asistencia en días alternos nos centros de saúde de Zas e de Baio entre as 12:00 e as 15:00 horas, cando antes o facía de 08:00 a 15:00 horas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-familias-de-zas-organizanse-para-recuperar-un-servizo-publico-de-pediatria-digno/ “Familias e Concello abren unha recollida de firmas para recuperar un servizo de pediatría digno” — Que pasa na costa “O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría en Zas” — Que pasa na costa Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)