Senda Nova despide a IV edición da Escola Ambiental

Os participantes na Escola Ambiental de Senda Nova desfrutaron dunha tarde de xogos Despois de oito meses de traballo, Senda Nova despediu o pasado sábado a IV edición da súa Escola Ambiental cun final de curso onde non faltaron os xogos, as risas e a boa compañía. A festa, na que participaron os nenos e nenas que formaron parte da Escola Ambiental, así como os seus familiares e monitores, tivo lugar na rúa Colombia de Carballo. Este é o cuarto ano consecutivo que Senda Nova pon en marcha a súa Escola Ambiental na que os participantes viven oito meses de aprendizaxe e de convivencia grazas ás actividades intrepretativas que realizan todas as semanas. O principal obxectivo deste programa é poñer en valor da man dos máis pequenos o patrimonio cultural e ambiental máis próximo. "Foron moitas semanas de adicación á nosa contorna, ao noso medio, tratando de dar a coñecer as ducias de espazos importantísimos, a importancia de conservar a natureza e o patrimonio, dende a perspectiva de que o primeiro paso para protexer é dar a coñecer e poñer en valor" sinalan dende a organización. Próximas actividades
Ademais da festa de despedida, Senda Nova aproveitou a ocasión para darlle a benvida ás actividades de verán. A primeira delas terá lugar na noite do próximo sábado, día 9 de xullo, cun roteiro nocturno polos montes de Pico de Meda, en Zas. Un dos obxectivos desta saída, con pernoctación ao aire libre incluída, é o desmitificar a figura do lobo. Para iso percorrerán unha distancia de dez quilómetros aproximadamente. Os interesados en participar debe anotarse antes do xoves no correo electrónico sendanova@hotmail.com ou no número de teléfono 696155232. O custe da áctivdade é de 12€ para adultos non socios de Senda Nova e de 8€ para socios. Os menores socios terán que abonar 5€ mentras que os que non o sexan, 8€.    Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Senda Nova