Senda Nova organiza un roteiro nocturno polos montes do Pico de Meda

Despois dunha intensa Primavera en Ruta, a asociación ambiental Senda Nova xa está a organizar un roteiro nocturno que terá lugar o vindeiro 9 de xullo polos montes do Pico de Meda, en Zas. Un dos obxectivos desta saída, con pernoctación ao aire libre incluída, é o desmitificar a figura do lobo. Para iso percorrerán unha distancia de dez quilómetros aproximadamente. Os interesados en participar debe anotarse antes do día 7 no correo electrónico sendanova@hotmail.com ou no número de teléfono 696155232. O custe da áctivdade é de 12€ para adultos non socios de Senda Nova e de 8€ para socios. Os menores socios terán que abonar 5€ mentras que os que non o sexan, 8€.    Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Senda Nova