As Torres do Allo celebran este sábado un Samaín e Magosto cos contos de Vero Rilo
O sábado 26 de outubro o pazo máis antigo de Galicia prepárase para celebrar dúas das festas máis tradicionais do outono, o magosto e o samaín con actividades organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.
Comezarase ás 16:30h da tarde cun obradoiro para os nenos e nenas de 4 a 10 anos no que poderán crear pantasmas e monstruos para decorar as súas casas. Para participar será preciso inscribirse previamente nos Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo (info@torresdoallo.gal). As prazas serán limitadas
A partir das 18:00h haberá “Contos de Animalario” de Vero Rilo, unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que podamos ver, unha chea de encontros cos animais máis marabillosos: topos choscos, chibos enormes e ogros torpes, pombas doces edragones atroces, bichos estraños, cabalos azuis e contos de hai anos e de non fai tantos.
Tamén celebrarase o tradicional magosto do Allo, acompañado de música a cargo da Asociación Cultural Adro e a Asociación de Baile Tradicional Churía. Haberá tamén unha cantina a favor do alumnado de 4º da ESO do IES Maximino Romero ademáis de castañas gratuítas para todas as persoas que se queiran achegar ata as Torres do Allo.
Todas as actividades son de balde e están orientadas para todos os públicos