As Torres do Allo invitan ás crianzas a un Obradoiro polas Letras Galegas
O pazo máis antigo de Galicia, as Torres do Allo, vístese de gala para celebrar o Día das Letras Galegas. O vindeiro 16 de maio, o recinto acollerá unha xornada dedicada ao fomento da lectura e da lingua entre as novas xeracións baixo o título: "Pequen@s lector@s, grandes creacións".
A actividade central será un obradoiro dirixido aos nenos e nenas de 5 a 10 anos e tamén aos adultos que desexen dar xogo á súa creatividade . O obxectivo é que as crizanzas participantes deseñen e decoren os seus propios marcapáxinas personalizados, utilizando diversas técnicas artísticas e materiais.
Unha oferta cultural completa e gratuíta
Ademais do obradoiro, os visitantes poderán gozar de toda a oferta cultural do pazo, que se mantén totalmente gratuíta:
- Exposición Temporal “Os Riobóo, a saga do Allo” (Historia do pazo desde o s. XV).
- Visitas Guiadas: Pases ás 13:00h e ás 17:00h.
- Xogo de Pistas“O legado de Francisca”, pensado para o público familiar.
Inscricións e contacto
Aínda que todas as actividades son de balde, as prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente facilitando os datos do participante (nome, idade e contacto) a través das seguintes vías:
• Centros Socioculturais: Zas (981 751 398) ou Baio (981 718 056).
• Correo electrónico: info@torresdoallo.gal.