As Torres do Allo propoñen un verán completo

Volven as Torres do Allo acoller un completo verán cultural. As actividades diarias anuais continúan activas, como son Visitas Guiadas ás 13:00 e ás 17:00 (cita previa), e o Xogo de Pistas (a realizar no horario de apertura). Pero as grandes estrellas da programación son as Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, todos os domingos de xullo e agosto, ás 19:30. Cómpre facer reserva previa en info@torresdoallo.gal ou no whatsApp 655716743.

Ademais pódese visitar a exposición temporal “Zas polo miúdo” ata o 15 de setembro.

Ampliación de horario

Dende o 15 de xuño ao o 15 de setembro, o pazo máis antigo de Galiza abrirá todos os días da semana, isto é, de luns a 
domingo, en dous horarios:
- de luns a venres, 11:00-20:00;
- sábados e domingos, 11:00 a 21:00.
 

Outras actividades

Hai tamén unha serie de actividades puntuais, como son os dous Obradoiros Especiais Infantís, que se celebrarán os días 23 de xuño e o 14 de xullo, respectivamente. Xa está o prazo de inscrición aberto para o de San Xoán (en info@torresdoallo.com).

Haberá concertos, como o de Nastasia Zürcher cunha actuación en acústico, será o venres 30 de xullo (hora por determinar).

Dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto é o período de recepción das fotografías do noso concurso fotográfico Enfoques do Allo, que nesta ocasión acada a súa V edición.

Na mañá do 31 de agosto celebrarase de novo o Mercado de San Ramón, centrado na artesanía da bisbarra.