Uns premios de pelotas en Baio

O pasado venres 22 de maio, o comercio e hostelerÍa de Baio fixeron entrega dos premios a da Campaña que BAIO TEN A PELOTA levada a cabo na anterior fin de semana. O acto tivo lugar no mesmo sitio onde se presentou oficialmente a campaña, esto é na rúa Obispo Romero Lema. Os organizadores quixeron clausurar o evento no mesmo lugar onde o presentaron tanto aos medios de comunicación como á poboación.

A Noelia Rodriguez Rodriguez fíxoselle entrega do primeiro e cuarto premio, é dicir, bonos valorados en cincocentos euros e unha visita para dúas persoas ás Bodegas Bouza do Rei.

A Pablo Lema Carril e a Eva Vidal Fariña ( 3º e 4º premio)a cada un deles bonos valorados en cen euros. E a Lorena Martínez Canosa ao igual que Noelia unha visita para dúas persoas ás Bodegas Bouza do Rei.

E como agasallo de cortesía, Adriana Pose Pose levouse unha fotografía da Carballeria de Baio donada por LUZ AZUL.

Os gañadores dos bonos terán que canxealos en compras ou consumicións nos locais adheridos á campaña, con fin de que o diñeiro se reinvirta na localidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal