O comercio de Baio ten a pelota nas redes sociais


Interesante a campaña que sacan 50 empresarios de Baio para reactivar o comercio da vila. Trala xuntanza celebrada esta semana, os responsables dos comercios dos sectores do automóvil, da hostelería e do pequeño comercio da vila, unen forzas a través dunha campaña que leva por título, “Baio ten a pelota”.
A primeira iniciativa é a creación un perfil conxunto nas RRSS para dar a coñecer todas as súas promocións: “Baio ten a pelota” xa está no Facebook e medra cunha veloxidade espetacular, pois ademais de dar información de todos os establecementos colaboradores, seguro que artellan sorteos e outras promocións.
Cafeterías, restaurantes, pizzerías, tendas de roupa para home e muller, tendas de roupa infantil e deportiva, zapaterías, droguerías, clínicas de fisioterapia e podoloxía, tendas de electrodomésticos, barberías e perruquerías. Todos eles ubicados en Baio, que apostan pola difusión 2.0.
O obxectivo deste perfil de Facebook é publicar de forma periódica diversas actividades que realicen en conxunto todos os establecementos; tales como unha campaña promocional do comercio local que terá lugar os días 15, 16 e 17 de maio, a primeira gran cita baixo o paraugas peloteiro.
Máis información
Novas relacionadas
- O comercio bergantiñán afronta os retos de fidelización de incursión 2.0.
- #inForum: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
Fonte
- Asociación Comarca de Soneira.