A veciñanza de Zas captura máis de 10.000 velutinas

O Concello de Zas vén de pechar unha nova campaña de trampeo da vespa velutina durante a que se capturaron un total de 10.117 vespas velutinas; 2.600 máis que o ano anterior.

Este é o oitavo ano que o noso municipio pon en marcha esta inciativa sendo unha das primeiras da zona. “Comezamos a loitar contra esta praga no ano 2018 xa que entendemos que as campañas de trampeo son unha das mellores medidas para erradicar esta especie que causa tantos danos”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.
Na campaña deste ano contouse coa colaboración de 153 veciñas e veciños de todo o municipio que instalaron as trampas que se lles entregou de forma gratuita xunto co líquido atraínte correspondente. Seguindo as recomendacións dos expertos, as trampas instaláronse naqueles puntos máis sensibles como poden ser as zonas de árbores froiteiras, camelias e ríos. Ademáis destas, o persoal da empresa encargada da campaña - Plaguiber - instalou trampas noutros 80 puntos de todo o municipio (paseos fluviais, nos exteriores dos edificios públicos,…).

En total, colocáronse unhas 500 trampas ás que se lle renovou o líquido atraínte de forma periódica.

Retirada de niños

Nesta época do ano, comezarase a ver os niños polo que dende o Concello de Zas recomendase chamar ao 012 para a solicitar a súa re9rada. Tamén é posible realizar a comunicación de niños de vespa velutina a través do chat da Xunta de Galicia no que hai que facilitar a información precisa para xerar o aviso. A este chat accédese a través desta ligazón.