Volven as visitas teatralizadas dos Quinquilláns para descubrir as Torres do Allo

Son as visitas teatralizadas un dos atractivos turísticos e de posta en valor do noso patrimonio que mellor se están desenvolvendo nos últimos anos. A aposta da Deputación por esta clase de visitas en lugares senlleiros como o Castelo de Vimianzo ou o as Torres do Allo.

Hoxe repasamos a oferta que os Quinquilláns nos traen no Pazo rehabilitado máis antigo de Galicia. O pazo zaseiro vivirá todos os domingos do mes de xullo e agosto (ademais do 4 e o 11 de setembro, sempre a partir das 19:30h cunha duración dunha hora) como Francisca Rioboo Álvarez (representada por Tero Rodríguez) e Víctor López Seoane (na figura de Lucho Penabade) reciben os foreiros que veñen pagar as rendas deixándolles entrar no pazo por primeira vez. Porque Francisca foi a primeira muller propietaria das Torres do Allo mantendo a liña sucesoria dunha das familias nobiliarias máis  importantes desde a Idade Media ata o S.XIX, Víctor un dos máis prestixiosos naturalistas galegos da historia.

Na representación non falta unha homenaxe a Enrique Labarta Pose, grande escritor satírico do que escenifican algúns poemas e escenas contidas en A Festa da Patrona de Tabeirón ou o afamado Tío Miseria e outros contos.