Zas abre a súa primeira senda inclusiva
18 de maio de 2018 (08:21 h.)
Aproveitando o paso da 5ª etapa do Camiño SenLímites 2018, organizado pola Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte, Zas abre a súa primeira senda accesible. Trátase do camiño forestal que discorre pola localidade de A Braña (en Baio Pequeno) ata o seu límite con O Mosquetín (Vimianzo), convertido xa nunha senda inclusiva despois dos traballos de mellora que vén de levar a cabo nel o Concello de Zas.
O primeiro roteiro adaptado ás beiras do río Grande xa non ten barreiras físicas.