Zas abre a convocatoria para solicitar as axudas escolares de entre 120 e 360€

Un ano máis, o goberno municipal de Zas vén de convocar as axudas o estudo para o curso escolar 2024-2025; unha iniciativa posta en marcha polo equipo do BNG de Zas dende hai máis de 12 anos.
Dende hoxe, e durante dez días hábiles, toda a veciñanza que cumpra os requisitos podo tratimtar as axudas ás que se destinarán 29.100€ dos fondos municipais e que se repartirán en 180 bolsas cuxo importe oscila entre os 120 e os 360€ en función dos estudos e dunha serie de baremos.

Segundo indica Manuel Muíño, Alcalde de Zas, estas axudas teñen como obxectivo colaborar coas familias do noso municipio que máis o necesiten para afrontar os gastos derivados do curso escolar e garantir así o principio de igualdade no dereito á educación. “Somos o Concello da Costa da Morte que destinamos unha porcentaxe maior do noso orzamento as axudas escolares”, sinala Muíño.

As solicitudes poderán presentarse dende mañá ata o 7 de novembro (ambos incluídos) e tramitaranse preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello de Zas.s ou no Rexistro Xeral do Concello de Zas.