Zas acollerá unha xornada do programa Balonmán na Rúa

Imaxe da edición do ano pasado en Carballo

Presentou onte a Deputación a segunda edición da Copa 5x5 Deputación da Coruña de balonmán, que pretende levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.

A primeira edición desta competición tivo un éxito rotundo, coa participación de máis de 1.600 deportistas e cunha ampla presenza feminina, que superou o 60 %. Este ano, unha das xornadas será en Zas, do 26 ao 28 de abril.

O programa arrincou no Parrote da Coruña con xornadas ata o domingo 14, e despois da xornada zaseira pasará por Sada (3 – 5 de maio), Negreira (10 – 12 de maio), Oroso (31 de maio – 2 de xuño), Cedeira (14 – 16 de xuño) e Ribeira (20 – 22 de xuño).