Zas aumentou un 24% o seu orzamento dende 2015 gracias ao Plan Único da Deputación

Un dos plenos deste ano no Concello de Zas

Esta mañá celebrábase o pleno que servía para aprobar os Orzamentos do Concello de Zas para o 2018. Os Orzamentos “moi contidos, moi realistas”, segundo asegura o alcalde Lolo Muíño, “como o corrobora o feito de que o presuposto final de 2017 foi un 6% máis amplo que o presuposto inicial que aprobáramos en pleno”. “Hai obras que sabemos que si que imos facer e non van nos orzamentos, porque tamén hai subvencións da Xunta que non sabemos se van saír. Ademais, como Deputado Provincial sei que a Deputación vai facer modificación de orzamento e van caer máis cartos a concellos como o noso”, asegura Muíño.

Os orzamentos saíron adiante cos votos favor do grupo de goberno e a abstención do edil do PP, que a pesar de votar a favor dos mesmos na Comisión de Facenda do martes, cambiaba de opinión e se abstivo no pleno. “Politicamente non se xustifica o cambio de parecer”, sinala Muíño. “Son uns orzamentos irreais e inflados”, argumentou David Gómez.

O Plan Único

Un dos datos salientables destes orzamentos é o aumento, dende 2015, dun 24%. “Como é posible aumentar tanto en só 3 anos, sufrindo ademais como sufrimos o control exhaustivo da Lei Montoro?”, preguntáronse dende o Concello mentres facían as contas. “A causa é, sen dúbida, o Plan Único da Deputación>, apunta Muíño. “Con Diego Calvo” (que estivo na presidencia da Deputación co PP ata 2015), “eramos os concellos dos 1.900€. Agora co Plan Único podemos avanzar de verdade”.

Tamén aumentou o orzamento en Servizos Sociais, porque a Xunta aumentou a partida para Depencendia, porque hai cada vez máis dependentes no Concello.

Un 100% de aforro

Pero o realmente impactante, é que o Concello de Zas ten a día de hoxe nas súas contas municipais, uns 4 millóns de euros, o equivalente ao seu orzamento anual. Mentres Montoro fai un tremendo control de gasto das administracións municipais, nas que vemos contas coma estas (un 100% de superávit), o Goberno de España ten unha débeda que xa chega ao 100% do orzamento… “Poderíamos estar un ano enteiro sen ingresar, pero o peor é que a Lei non nospermite gastar. É algo inmoral. Temos parroquias sen alcantarillado e non podemos levar adiante obrsa tan fundamentais como esas”, denuncia Muíño.

As liñas xerais

Os Orzamentos 2018 son un total de 4.040.500€, aumentando un 4,46% con respecto ao do ano pasado.

O gasto persoal (que non o persoal pois as xubilacións estanse cubrindo con contratacións) disminúen un 16%, con respecto a 2017 definitivo, pero só un 5% con respecto ao final. “Estamos metendo en gastos persoal que seguramente se financiará gracias á Deputación ou pola Rissga. Temos un Plan de Emprego municipa de 57.000€”.

Ademais, o gasto corrente aumenta un 2% co respecto ao orzamento definitivo do 2017, e o que destina o Concello a servizos públicos básicos sobe un 18%. Os investimentos reais suben un 11,59%, gracias tamén ao Plan ünico da Deputación.

Tanatorio

Dende a oposición, Gómez lamentou que non houbese proxecto concreto nos orzamentos, e preguntou que vai pasar co tanatorio, que non ten partida concreta. O alcalde respondeu que si que se vai realizar este ano o tanatorio, e que xa dará información sobre o “como”.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com)