Zas convoca dous cursos de formación sobre manipulación de alimentos e intolerancias alimentarias
30 de abril de 2018 (03:35 h.)
O Concello de Zas, vai a realizar nas vindeiras datas, 2 cursos de formación.
Por un lado un sempre demandado Curso de manipulación de alimentos, con expedición oui renovación do carné de manipulador de alimentos, destinado ao público en xeral. Terá lugar o día 11 de maio (venres) de 17:00 a 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Zas.
Ademais, immpartirase tamén Curso de alerxias e intolerancias alimentarias, destinadas a persoas en xeral, que terá lugar o vindeiro venres 4 de amio, ede 17:00 a 20:00 horas, cunha duración de 3 horas.
As incripcións poden realizarse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento local do Concello, tel 981708303.
Fonte
- Concello de Zas.