Zas prepárase para recibir 164 deportistas que disputaran o Campionato PreEstatal de Tenis de Mesa

Pavillón de Zas preparado para campionato Tenis de Mesa

Así loce xa o pavillón de Zas, vestido de gala para o Campionato Pre-Estatal de Tenis de Mesa que terá lugar os vindeiros 5, 6, 7 e 8 de decembro. A Federación Galega de Tenis de Mesa e o Concello preparan un evento que recibirá a 164 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e veterano, tanto masculinas como femininas. Son a elite do tenis de mesa galego e de aquí sairán os que vaian ao campionato de España.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, valorou que “Galicia sexa a única comunidade en todo o Estado coas ligas autonómicas en marcha desde o pasado 17 de outubro”.
Nese sentido sinalou que o campionato “contará cun protocolo perfectamente visado e aprobado pola Secretaría Xeral para ou Deporte e baseado no modelo FISICOVID- DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia”. Ademais, “neste campionato cumprirase a distancia, levaranse a cabo as desinfeccións, instalaranse só 12 mesas en máis de 1.200 metros cadrados e a xornada dividirase en dúas.