Zas recolle máis de 11.000 quilos de cartón comercial no primeiro semestre do ano

Aumenta o uso do servizo de recollida de cartón comercial, que o Concello de Zas realiza, de xeito gratuíto, cada tarde de mércores porta a porta nos establecimentos que así o solicitan. Durante o primeiro semestre foron 11.010 quilos de cartón comercial que se destinaron ás plantas de reciclaxe para alongar así a súa vida útil, un lixeiro incremento respecto ao ano pasado, xa que ao longo de todo o 2020 recolléronse 19.210 quilos de cartón.

Os establecementos que non estean adheridos e que lles interese facelo tan só teñen que chamar ao Concello de Zas (981 70 83 03).

O servizo permite que o cartón comercial non sature os colectores das vilas, que son de uso prioritario para a veciñanza. Así, a veciñanza leva reciclados ao longo do que vai de ano 12.915 quilogramos deste material.

Axenda de fin de seman

Esta fin de semana o Concello organiza, no marco do seu completo programa de actividades, unha Ruta Fluvial por Baio (o sábado a partir das 10:00h. E pola tarde, ás 17:00h na Praza do Concello de Zas, unha sesión de circo acrobático para todas os públicos con Destronauts.

Para ambas citas é necesario reservar praza no Centro Sociocultural de Baio: 981 71 80 56 (de L-V de 09:00 a 14:00 horas) ou no Centro Sociocultural de Zas: 981 75 13 98 (de L-V de 09:00 a 14:00 horas).