Zas segue diplomando adultos en informática

Xa ten Zas e Baio outro par de tandas de adultos cos coñecementos básicos de informática. Rematabam estes días o 2º Curso de Informática Básica tanto en Zas como en Baio. Cursos impartidos por Santi Soneira, un dos fotocolaboradores QPC.

Tamén comezou esta semana o último dos grupos que restan para finalizar os cursos de informática, neste caso, as clases impártense na Aula de Informática Municipal de Zas.

Obradoiros de Semana Santa

E de paso, informamos dos novos obradoiros para pequenos que abre o Concello por Semana Santa. Serán obradoiros de reciclaxe así os pequenos deberá levar algún materia de refugallo, sempre obxectos limpos e secos.

  • DATAS: Luns 25, martes 26 e mércores 27 de marzo de 2013.
  • LUGARES: Centros Socioculturais de Zas e Baio.
  • HORARIO: De 11h a 13h en Zas e de 16h a 18h en Baio.
  • PARTICIPANTES: De 5 a 12 anos.

    Poden inscribirse nos centros socioculturais de Zas (981.751.398) e Baio (981.718.056).

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Concello de Zas.