Zas tamén cheira a Entroido
O Concello de Zas prepara o seu entroido para este comezo do mes de marzo. De feito, este mércores 2 e xoves 3 de marzo xa haberá Tallers de Entroido no Centro Socio-Cultural de Zas, de 17:30h a 19:30h. Talleres que continuará os luns 7 e martes 8 de marzo, no centro socio-cultural de Baio de 11:00h a 13:00h, onde os máis pequechos farán máscaras, maquillaxe, xogos...
Unha das grandes citas será o Baile de Disfraces para maiores, que se celebrará o sábado 5 de marzo, a partir das 20:00 no centro sociocultural. Estará amenizado polo grupo Marisma e haberá premios aos 3 mellores disfraces.
Os máis novos tamén terán a súa cita o domingo 6 de marzo co Baile de Disfraces Infantil e Xuvenil no auditorio do concello e organizado pola ANPA do colexio de Zas.
Para o Martes de Entroido, e a partir das 15:00h, o Tren do Entroido percorrerá as rúas do concello paseando a todos os cativos disfrazados. Aparcarán ás 17:00h xa na Praza do Concello onde practicarán xogos tradicionais e Racha de Cazolas. E a festa rematará no Centro Socio-Cultural de Zas cunha degustación de orellas e rosquillas a partir das 19:00h, cando se elexirá o mellor disfraz, e haberá regalos para todos.
Entroido en Fornelos
Ademais, o sábado 5 de marzo, a familiad e Frnelos prepara o seu Baile de Disfraces con Lacon con grelos. A cita será no local social da Finte de Fornelos.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Zas.