Zas tamén se pon en campaña contra a avespa velutina ante a parálise da Xunta

É o momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas, pero a Xunta parece inmóbil ante a circunstancia. Por iso son os concellos os que toman o mando na batalla contra esta invasora. Concellos como o de Zas, que pon en marcha nos próximos días unha campaña de trampeo na que se contemplan varias actuacións e coas que se pretende reducir ata nun 40% o número de niños. Segundo sinalan os expertos na materia, a mediados de marzo, xusto na entrada da primavera é a época idónea loitar contra esta praga.

A primeira das actividades desta campaña de trampeo é charla formativa que terá lugar o domingo, 11 de marzo, ás 17:00 horas no Centro Social de Zas. A sesión consistirá nunha charla formativa de hora e media de duración, aproximadamente, dirixida tanto aos apicultores como a toda a veciñanza do municipio. Durante a charla amosaranse niños en todas as súas fases, trampas e sistemas testados que evitan a morte por velutina das colmeas. A charla está é gratuita.

José María Vázquez – xerente de Serpa – é o encargado de impartir esta charla na que se tratarán distintos puntos, tales como identificar e diferenciar a velutina, ciclos e épocas de actuación mediante trampeo, como evitar que se instalen niños ao redor das casas e das colmeas, entre outros temas.

Instalación de trampas

Outra das actuacións que levará a cabo o Concello de Zas dentro desta campaña de trampeo, é a instalación de trampas naquelas zonas máis sensibles co fin de frear a praga da vespa velutina. O Concello de Zas destina así fondos municipais para loitar contra esta praga ainda que, o equipo de goberno considera que esta loita é responsabilidade da Xunta de Galicia e non dos municipios tal e como o sinalou no último pleno onde se aprobou unha moción na que se lle esixe á administración autonómica que actúe e se responsabilice do control desta praga.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)