Zas tamén se pon en campaña contra a avespa velutina ante a parálise da Xunta


É o momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas, pero a Xunta parece inmóbil ante a circunstancia. Por iso son os concellos os que toman o mando na batalla contra esta invasora. Concellos como o de Zas, que pon en marcha nos próximos días unha campaña de trampeo na que se contemplan varias actuacións e coas que se pretende reducir ata nun 40% o número de niños. Segundo sinalan os expertos na materia, a mediados de marzo, xusto na entrada da primavera é a época idónea loitar contra esta praga.
A primeira das actividades desta campaña de trampeo é charla formativa que terá lugar o domingo, 11 de marzo, ás 17:00 horas no Centro Social de Zas. A sesión consistirá nunha charla formativa de hora e media de duración, aproximadamente, dirixida tanto aos apicultores como a toda a veciñanza do municipio. Durante a charla amosaranse niños en todas as súas fases, trampas e sistemas testados que evitan a morte por velutina das colmeas. A charla está é gratuita.
José María Vázquez – xerente de Serpa – é o encargado de impartir esta charla na que se tratarán distintos puntos, tales como identificar e diferenciar a velutina, ciclos e épocas de actuación mediante trampeo, como evitar que se instalen niños ao redor das casas e das colmeas, entre outros temas.
Instalación de trampas
Outra das actuacións que levará a cabo o Concello de Zas dentro desta campaña de trampeo, é a instalación de trampas naquelas zonas máis sensibles co fin de frear a praga da vespa velutina. O Concello de Zas destina así fondos municipais para loitar contra esta praga ainda que, o equipo de goberno considera que esta loita é responsabilidade da Xunta de Galicia e non dos municipios tal e como o sinalou no último pleno onde se aprobou unha moción na que se lle esixe á administración autonómica que actúe e se responsabilice do control desta praga.Novas relacionadas
- Marzo 18: Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas.
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)