“Alarma Social”

Desilusionado e preocupado. Así saín onte do pleno ordinario do Concello de Malpica, aos que acudo sempre que podo dende hai tempo.

Sabedes por que? Porque resulta que un tema de saúde pública, de coidado dos nosos veciños non parece importante. Non quero crear una “alarma social”, como se calificou onte no pleno, pero un tema de saúde paréceme suficientemente importante para debatilo, para que os grupos se unan e non digan que estamos xerando unha “alarma social”. Non estamos falando dun contenedor, dun aglomerado ou unha farola.

A cuestión é que o centro médico de Buño estivo sen médico a xornada completa varios días. É certo que se intentou aranxar por parte do Sergas, pero sempre con parches, como abrir a atención pola tarde, gracias tamén á boa vontade dos profesionais que cubren o servicio excedendo as súas xornadas para poder atender da mellor maneira aos pacientes.

Todo isto é provócao un simple traslado de profesionais no Sergas e, e esa praza de Buño que queda vacante é cuberta cunha profesional que ten unha redución de xornada. Entón, eu fágome varias preguntas:

De verdade que e o primero traslado que fai o Sergas?

Unha estrutura tan profesionalizada e que conta cun bo número de traballadores como a área Coruña - Cee que dirixe Luís Verdes non se dá conta de que o Centro de Buño necesita un médico a xornada completa?

E si se dá conta, que pasan? non ten ferramentas para aportar solucions para cubrir esas ausencias?

Só se actúa se a xente protesta ou o alcalde chama?

Un alcalde, un grupo de goberno non pode poñer excusas ante una situación así. Non pode dicir que é un feito puntual, que xa está arreglado. NON, non pode volver ocorrer. Dá igual que sexan os teus, os teus son os veciños. Na política local temos que deixar os colores, e pensar nos nosos problemas, nos dos veciños.

A atención primaria é un asunto de gran importancia que cómpre non levalo ao terreno partidista. Se a base do sistema sanitario non funciona nun entorno rural como noso, vai acabar colapsando. Aquí, o PP debería ser máis crítico co goberno autonómico, como fixo co Regulamento Europeo de Pesca.

Pero aí non quedan as miñas dúbidas.

O problema comentan que para a próxima semana está solucionado, pero… Que axenda sobrecargada se atopará o próximo profesional retardando aínda máis as axendas despois de varios días traballando a media xornada?

Será un profesional eventual, ou xa será fixo?

E no caso de que fora eventual, todos sabemos os prexuizos que conleva para os pacientes?

E ollo, que cunha axenda de máis de 1.000 pacientes como ten o Centro de Saúde de Buño, igual ata deberíamo reclamar un médico máis a media xornada.

Para terminar, na política local, miremos máis polo noso e polos nosos, non poñamos excusas e non digamos amén a todo. Repito, non quero crear una “alarma social”.

  • Alberto Pose.