A voltas coas prantas de acuiculura

Máis de 15.000 hectáreas do noso litoral están desbloqueadas para a instalación de piscifactorías. Esta superficie distribúese naquelas zonas galegas cun “menor grado de protección ambiental”, segundo indica o plan director de acuicultura presentado o pasado día 9 de febreiro. A costa é un deses recursos ambientais dos que todos nos sentimos orgullosos. Coa que todos se nos enche a boca cando temos que falarlle dela a unha persoa que non ve o mar en todo o ano. Sexamos da costa ou sexamos do interior. ¡É non é para menos! Temos peixes e mariscos de excelente calidade, temos as mellores praias do mundo, temos millóns de persoas que fan do mar a súa vida, temos turismo promovido por este recurso, temos, temos e temos un sinfín de oportunidades que nos dá o mar. Entón, ¿cales son esas zonas que non se merecen estar protexidas? ¿Por qué a man do home se encarga de destruir recursos tan valiosos? Este plan está acompañado dunha guía “rigurosa” co obxectivo de que a protección ambiental e o desenvolvemento económico camiñen da man. Aos emprendedores adicados ao cultivo de peixe esíxelles que presenten uns proxectos que respecten o medio. Aínda así, o impacto ambiental será inevitable. Este non é máis que un breve adianto; xa que no próximo mes de outubro “desbloquearanse” outras dúas zonas do litoral galego (a 3 e a 4) que supoñen 13.000 hectáreas máis para a instalación de novas plantas de acuicultura. Neste próxima aprobación atópase a zona de Cabo Touriñán. ¿Non deberiamos protexela? Quizá hoxe sexa un bo día para recordar un proverbio anónimo: “Dalle un peixe a un home e comerá un día; ensínalle a pescar e comerá todos os días”.
  • Lorena Martínez Canosa (lorena@quepasanacosta.gal).

Novas relacionadas

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).