Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Touriñán queda desprotexido contra a invasión piscícola

Touriñán queda desprotexido contra a invasión piscícola

Desta parece que xa non o salva ninguén. O cabo máis occidental do estado, unha das paraxes naturais mellor conservadas da Costa da Morte e de toda Galicia, queda ao amparo dos "emprendedores" do sector acuícola, trala aprobación do novo Plano Acuícola.

A Xunta fai oídos xordos ás conclusións de incompatibilidade da USC así como da recente ampliación da Rede Natura. Pero, segundo apunta, esta clase de mega piscifactoría en zonas protexidas non teñen impacto ambiental.

Poderá, polo tanto, haber unha piscifactoría en Cabo Touriñán?

A partir de outubro, si. A empresa Pescanova "ten terreos adquiridos" nese emprazamento do Concello de Muxía e "segue cumprindo cos requisitos". Touriñán é unha zona "de nivel 4", a de maior protección dentro do novo Plan Director de Acuicultura Litoral -que ten a forma xurídica de plan de incidencia supramunicipal- pero, malia isto, a multinacional pesqueira poderá instalarse alí se o considera conveniente para os seus intereses.

Fonte e Máis información

Comentarios