As Cartas do Avó Pascasio: Unha “Vaca Morta” alá en Neuquén
05 de agosto de 2013 (15:21 h.)
Moi querida neta Cristina:
Aínda que estou bastante enredado cos debates na "Asemblea Celestial da Emigración Riopratense" teño que informarte que o venres pasado na reunión semanal da agrupación "Cristina da Fonsagrada" tratamos un tema que nos ten enganchados ao consideralo básico para despexar o futuro energético da nosa querida segunda patria. Ocorréusenos invitar ao gran xeólogo Parga Pondal para que nos explicase as características específicas da fractura hidraúlica ["fracking"] utilizada para a extracción de hidrocarburos. Nalgún lugar lemos que será a técnica que se empregará no xacimento neuquino de "Vaca Morta".
O noso compañeiro Isidro é a persoa que máis sabe de caolín no mundo. Ademais dos seus grandes coñecementos científicos téñoche que contar que foi un innovador empresario no seu pobo natal de Laxe. Alí instalou un complexo sistema de transporte do caolín desde a canteira de Gundar ---mediante unhas vagonetas que
circulaban por cables aéreos--- ata cerca do porto. O caolín é un mineral moi apreciado para agregar á loza, porcelana ou cerámica. Endurece a mestura e permite unha cocción a maior temperatura. As fábricas de Bélgica, Holanda e Inglaterra comprábanlle toneladas de caolín. As exportacións ían vento en popa pero chegou a noite franquista e pecháronlle a empresa minera que deixou sen traballo a máis de 60 traballadores. Isidro salvouse da prisión ao ser membro dunha distinguida familia católica descendiente do gran poeta Eduardo Pondal Abente, autor dun fermoso poema que se oficializó como "Himno Galego".
O noso bo compañeiro falounos en linguaxe desposuída de terminoloxía científica e recorreu a un antigo exemplo de utilización do "fracking" que ten unha
certa semellanza coa actual técnica. Recordounos un vello recurso utilizado polos canteiros galegos que consistía en introducir varias cuñas de madeira entre as pedras graníticas usadas na construción de vivendas. As cuñas móllanse, a madeira incha e prodúcese fractúraa. Asegurou que si falamos de "Vaca Morta" a cousa complícase
pola profundidade á que se deben fracturar as betas pétreas e pola enorme cantidade de auga que se necesita. É evidente que os canteiros eran uns moi nobres
artesanos a diferenza da fracturación hidráulica que é unha actividade mecánicoindustrial con potentes bombas inxectoras de miles de hectolitros de auga a unha presión
xigantesca.
A Isidro chámalle a atención que a oposición ao goberno arxentino critique o acordo con "Chevron". Iso demostra que non saben nada da técnica de fracturación. Acá teño, Cristina, uns apuntes que saquei para non repetir inexactitudes. Asegura que o modelo estadounidense pódese trasladar a Neuquén sen problema. Di
que si os yanquis están perforando miles de pozos con esta técnica é porque lles permitirá, deica pouco, redexuar o mapa energético mundial. Segundo a AIE [Axencia Internacional da Enerxía] cara ao ano 2020 os Estados Unidos serán o maior productor mundial de petróleo. Algo similar ocorrerá co gas natural. Así que ademais
de non importar, terán excedente para exportar. Si as grandes compañías norteamericanas --- algunha canadiense, tamén--- son as que teñen a experiencia en extraer
co "fracking"; está claro que a mellor opción é negociar coa compañía "Chevron".
Bueno, non todo o campo é ourego. O amigo geólogo recordou que ten os seus inconventes. É un proceso que necesita de moita auga e pódense ocasionar microsismos. É necesario un bo control sobre o volume dos fluídos recuperados despois do proceso de fracturación. A análise científica do xacemento de "Vaca
Morta" indica que se pode liberar gas e petróleo mediante a fracturación porque as rocas sedimentarias son de baixa porosidad e permeabilidad. Inxectando auga no subsolo e un pouco de area sácase á superficie unha riqueza que poñerá á Arxentina a un nivel de benestar descoñecido ao xerar postos de traballo e abaratar os prezos do gas, da electricidade e da nafta. A técnica que se utilizará no subsolo neuquino non se pode aplicar en Galicia. Unha pena, che, pero a composición da nosa pedra granítica é das máis duras do mundo.
Ben, termino, estouche entretendo moito. Recibe o apoio dos avós para poñer á Arxentina no Top Ten, polo menos. Envíoche un abrazo co aroma dos
verdes robledales de Manzaneda.
Pascasio Fernández.
Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)