Deberes
23 de xullo de 2010 (09:27 h.)
Dentro da longa lista de erros que a Costa da Morte comete habitualmente como conxunto de individuos baixo unhas mesmas circunstancias, hai un que, despois de darlle moitas voltas, prevalece na miña opinión por enriba dos demais. Un erro estratéxico que lastra calquera outra empresa que se decida a acometer e que, creo eu, imposibilita de base calquera avance presente ou futuro.
De feito, este erro, costume ou uso habitual, chamádelle coma vos pete, lévame a afirmar que non penso participar no futuro en debate algún sobre asuntos xerais de interese para a comarca senón se subsana esta eiva de xeito definitivo. Que ninguén conte comigo para debater sobre nada mentres o debate non se sustente en cifras, datos e balanzos claros e científicos, obxectivos e independentes.
A ver, ¿cal é o PIB da Costa da Morte? Partindo da base de que non somos capaces nin de acordar que é e que non é Costa da Morte, se nalgún momento, finalmente, foramos quen de decidilo e delimitar o territorio non custaría tanto sabelo pero ¿sabémolo agora? Non.
Polo tanto ¿que peso real ten o turismo na economía da Costa da Morte? Calquera inspirado que se aventure a afirmar que moito ou pouco non deixa de ser un ignorante desinformado, coma pouco. O non saber canto producimos e de onde procede cada céntimo do que producimos calquera, repito calquera, pode dicir o que lle pete e, para min, ten o mesmo grao de credibilidade. Por exemplo; mañá o presidente de Neria afirma que o turismo é clave económica do crecemento da comarca e, para min, ten o mesmo valor que se o que reparte o butano afirma que non, que o peso principal na economía da comarca é o do sector industrial. E igualmente pesará o mesmo que se a señora que vende medias e roupa interior considera que o sector servicios significa máis do cincuenta por cento do peso económico. Ningún dos tres ten nin idea do que di, e non se sustentan en dato real algún.
Sabida esta verdade pregúntome ¿en base a que argumentos e datos reais e contrastados se toman decisións estratéxicas para o noso futuro? ¿Como se decide en que investir, que liñas son as adecuadas para obter os maiores beneficios do noso esforzo conxunto coma colectivo? Xa resposto eu; tururú!!!
As decisións se toman en base ao incremento na inxesta de alcol nos corpos dos nosos dirixentes, en ausencia de criterios lóxicos e equilibrados e en total ausencia de cifras que avalen unha decisión en detrimento de outra distinta. Con un viño todo parece difícil e complexo, a partires do quinto o ceo é o limite para os nosos dirixentes.
Incluso en ausencia do deus Baco as decisións carecen de datos que as substenten. ¿Por que é primordial investir cartos en turismo? ¿Resulta rendible o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxia? ¿Cantos cartos, directos e indirectos, produciu dende a sua posta en marcha? ¿Que respercusión, en número de visitantes confirmados tivo no total de visitantes que a bisbarra acolleu dende a sua posta en marcha? en serio ¿hai alguén que poida dar un dato que non se substente en que “unha señora me dixo...” ou “o fulano que dirixe aquel hostal en tal sitio afirma...”? ¿Cantos cartos se teñen dedicado a actividades turísticas na bisbarra na última década? ¿Cantos se obtiveron directamente, cantos por medio de subvencións ao sector, ou a entidades vencelladas co sector? ¿Cantos deses cartos retornaron en forma de beneficios o sector? Misterio...
Mentres os grandes debates das nosas vidas, eses que impiden que saibamos cal será o noso mañán, mentres o debate sobre a condición de cidadán, o sistema político, o sistema financeiro, mentres nos furtan e disfrazan os principais debates das mans para que sigamos enredados en tonterías sen fundamento como ¿cantos cartos ten recibido Neria dende a súa fundación? e en definitiva ¿onde está o resultado deses cartos en cifras reais de negocio? Mentres perdemos tempo e oportunidades de que todo isto continúe sendo un mundo en paz, na Costa da Morte tomamos decisións estratéxicas de futuro en base a quen estaba mais borracho ou quen era mais delincuente no momento de tomar a decisión que corresponda.
Por resumir, antes dos merecidos días de descanso agostino... ¿alguén preguntou algunha vez á Costa da Morte (sexa esta a que sexa) que quería facer da sua vida? ¿Alguén sabe algo de verdade e non “de oídas”? Partamos de aquí, e xa veremos onde chegamos. Estamos moi verdes. Necesitamos deberes para o verán.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.