Despilfarro
14 de xaneiro de 2011 (10:26 h.)
Eu non sei nada de economía. Ou case nada. Sei o que leo, o que me ensina algún alma caritativa e o que aprendo nos meus estudios. Nada máis.
Sei que, no concepto máis liberal da doutrina económica promulgada por Milton Friedman e a Escola de Chicago, ser así, liberal, en economía, non admite nin axudas nin subvencións. Tódalas intervencións da administración ou do “estado” tenden a desestabilizar o sistema e, polo tanto, son negativas. Quedan así excluidas as dádivas, prebendas, acubillos e ofertas de postos de traballo na mesma administración, dado que para o modelo económico liberal aquilo non obtido por medio do mercado so pode promover dificultades no propio mercado.
Tamén sei que vivimos nunha economía capitalista. Adam Smith, entre outros, postulou este modo de vida económica, baseado na oferta e na demanda e nunha serie de mecanismo autoreguladores que, segundo os ideólogos do método, garanten o funcionamento e as oportunidades para todos dentro do sistema. Esta concepción non contempla, polo tanto, que, por exemplo, nun concello a propia institución municipal sexa o principal empregador. Supeditar as arcas publicas a creación de emprego é así visto como un propio anatema para os liberais “o goberno non crea postos de traballo. Son as empresas as que os crean. O único que debe facer o goberno e non estorbar”. M. Friedman dixit.
Neste contexto, saber de economía sempre pode verse como algo relativo. ¿Sabía de economía Amancio Ortega?. Polo visto si, dado que dende unha simple tenda de roupa na Coruña culminou en trinta anos a consolidación dun imperio que factura máis que o PIB dalgún goberno. A súa fórmula de éxito parece sinxela e se basea no meollo principal do capitalismo puro. Oferta contra demanda. E se a oferta non chega, a creamos. Todo un entramado de moda a prezos de agasallo para motivar a unha demanda excesiva e desmesurada de roupa nun contexto social de sociedades de consumo. Simple a vez que complicadísimo. ¿Aceptou subvencións Ortega?. Non. Pero si promoveu como poucos o movemento cooperativista no téxtil (que despois esqueceu en prol de marchar coa produción a Marrocos). ¿Precisou axudas económicas directas?. Probablemente nin se molestou en pedilas, tal foi o seu éxito. Si, parece que sabia algo de economía.
¿Sabe de economía un alcalde calquera na Costa da Morte?. A vista do xeito entre vergoñento e dramático no que se moven os números dos concellos da bisbarra aparenta que non. Non depende tanto deles a nivel persoal, certo, pero queda claro que saben menos de economía que de comunicación social. Claro que nin unha cousa nin outra parece que lle faga demasiada falta. Diríxense a unha poboación anestesiada e basicamente orgullosa da súa ignorancia e, ademais, non vende a súa reelección en base a logros senón a promesas e favores. Algúns postulan xa, a falla de seis meses para os comicios municipais, cantos concelleiros gañara tal ou cual partido, en base os favores e promesas de traballos feitos a familias e persoas concretas. Ata ese punto chega a corrupción moral na que vive sumida a política mais cercana a nos.
Así que si partimos da base de que son uns ignorantes en materia económica ¿con que sorte de dereito ninguén se pode considerar en condicións para criticar a calquera que si ten unha licenciatura relacionada coa política económica?. Ben, iso si o sei respostar. O dereito a cuestionar a sabedoría dos demais só o ofrece a ignorancia propia. Dicía John M. Keynes, outro dos país do sistema económico moderno que “Si eu che debo unha libra, teño un problema; pero si che debo un millón, o problema é teu”. ¿E si nos deben dous millóns de euros?. Si alguén nos debe dous millóns de euros de quen é o problema?, ¿dos que non saben de economía?
Di o dicionario da Real academia da lingua que despilfarro é “o gasto excesivo e superfluo”. Non serei eu, ignorante da economía e dos seus rudimentos, quen considere que é ou non é despilfarro. So digo que, coma dicía Goethe “Ai de aquel que axita as entrañas dunha nación”… ou dun pobo, engado eu.
¿Quen sabía de economía?, ¿os que manexaron a vontade os fondos que chegaban a mancheas cando o “Prestige”?. Si, estamos empezando a ver canto sabían de economía. Unha visión un pouco “The Sopranos” da economía, pero economía a fin e o cabo. A da Costa da Morte.
Pero, que saberei eu…
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.