Dona Diáspora en Hollywood
23 de novembro de 2010 (08:55 h.)
Dona Diáspora estivo o domingo 21 no Egyptian Theatre na estrea de “Huellas y Memoria de Jorge Prelorán” para felicitar persoalmente a Mabel, Fermín e Emiliano. O pioneiro do cine etnográfico na Arxentina estivo moi preto da colectividade galega nos tempos da realización do seu documental “Castelao” antes de ir buscar abeiro en California. Non esquece aquelas longas conversas na “Perla” de Álvaro Campos. O empresario galego de Tomiño foi un dos emigrantes xenerosos que puxo cartos do seu peto para que o proxecto saíse adiante. O guionista non podía ser outro que o moi culto médico Antonio Pérez Prado. Segundo contou Antonio se Prelorán aceptou facer o filme foi porque quedou abraiado pola figura do rianxeiro. Hai quen di que foi a simpatía e a sabiduría de Pérez Prado as que espertaron en Prelorán unha fonda admiración pola traxectoria vital de Alfonso Rodríguez Castelao.
Dona Diáspora agradece a cordialidade da viúva sempre disposta para difundir polo mundo adiante a obra do gran creador cinematográfico que ía polo interior arxentino coa súa cámara en tempos nos que só se falaba de Bos Aires esquecendo as realidades humanas de zonas case descoñecidas. A película de Fermín Rivera [Director] e Emiliano Penelas [Fotografía] é o recoñecemento de dous cineastas porteños que manifestan o seu agarimo ao mestre Prelorán. O talentoso traballo realizado recibirá premios porque sae do corazón de dous profesionais agradecidos que presentan sen ningún filtro comercial ao auténtico Jorge Prelorán. Coinciden ambos os co que escribe Graciela Taquini: “Prelorán es un artista integral de formación universitaria que domina todos los saberes del cine, cámara, fotografía, edición, estructura dramática y que tuvo el privilegio de encontrar lo universal en lo particular”.
Mentras van transcorrendo as imaxes non pode deixar de lamentarse da insensibilidade que houbo en Galicia para un proxecto do dúo Prelorán-Penelas. Tratábase dunha etnobiografía de Castelao na que o recoñecido poeta arxentino Carlos Penelas poñíalle os textos ás imaxes de Prelorán. Estiveron un par de anos traballando e contactando con diferentes autoridades galegas sen recibir resposta positiva de ninguén. Poida que moitos dos que oíron falar do proxecto pensasen que era unha segunda parte do anterior documental ---por certo escasamente difundido-- - cando se trataba realmente dunha creación novidosa. A aliaxe do produto artístico co que quería desperdirse Prelorán era da mellor calidade posible xa que unía unha rigorosa investigación documental con toda a experiencia atesourada durante máis de 50 anos de oficio.
O mesmo domingo dona Diáspora tiña un convite de Osvaldo Bayer para asistir no barrio porteño de La Boca ao “1º Festival de Tango en la República de La Boca”. Está dándolle voltas ao tema de contratar algunha neta riopratense que a sustitúa porque a verdade é que non dá feito. Cando se achegue por Barcelona pedirálle ao fillo da emigración Silvio Falcón que faga unha convocatoria pública para cubrir a praza de “Diáspora Moza”. Aínda que o cargo é honorario sabe que hai milleiros de netos e netas da Emigración Galega que desexan traballar con ánimo sen outra compensación que unha garimosa aperta de irmandade. Unha pena que non poida escoitar a Bayer na charla “Tango y anarquismo” e tampouco aplaudir ao bandoneonista Pablo Bernaba interpretando unha milonga moi especial en recordo do gran loitador social Severino Di Giovanni.
Dona Diáspora ten que volver axiña porque quere coñecer ao novo presidente do Centro Galego de Bos Aires que viaxa ata Compostela para entrevistarse co presidente da Xunta. Quere animar a Carlos Alberto Vello nun momento en que o noso histórico fogar emigrante está sufrindo dificultades. O presidente da Xunta é persoa agradecida e non esquece que cando aquí só tiñamos penurias alí na esquina de Belgrano e Pasco un veciño seu, Rodolfo Prada Chamocín, contribuía coa súa dedicación xenerosa ao esforzo colectivo dunha entidade coa que aínda estamos en débeda. Don Rodolfo comentará moi feliz ---en conversa con Eduardo Sánchez Millares e Ramón Berdullas Martínez--- que o seu paisano dos Peares é persoa responsable xa que despois das eleccións do pasado 29 de agosto o elixido ten a obriga e o compromiso de traballar na mellora dos servizos ao mesmo tempo que se frea o endebedamento.
Camiño do aeroporto vai cavilando en que deixará para outra vez a visita das fermosas beiras californianas do océano Pacífico. En 1775 navegou por aquela costa o egrexio mariño Francisco Antonio Mourelle de la Rúa [1750-1820] que chegou ata Alaska e fixo a primeira carta de navegación daquelas afastadas terras do norte. O navegante era fillo de pescadores de Corme [Ponteceso-A Coruña] e por iso a súa histórica singradura quedou escurecida. O moi famoso James Cook pasa por ser o “descubridor” de Alaska cando o que realmente fixo foi guiarse polos cadernos de bitácora de Mourelle. Tamén coñeceu o Río da Prata cando en 1806 se lle encomenda o mando dunha frota de 27 navíos para axudar ao virrei Liniers na loita contra dos invasores ingleses de Bos Aires e Montevideo. Aínda que Mourelle non foi un emigrante o certo é que pasou toda a súa vida lonxe da vila do Roncudo e iso só xustifica un sitio de honra no futuro Espazo Emigrante do monte Gaiás.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Colaboracións anteriores dende Lonxe de Montevideo
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .