Falso

Nesto de contar cousas ninguén esta libre de pecado. Existe a crenza de que no oficio de informar o máis loable, o primordial, é a obxectividade. Un ideal dificilmente aplicable e mais ben utópico que dende hai moitísimo tempo foi sustituido no exercicio da profesión de contar o que pasa por outra regra, mais ben código de actuación; a seriedade. Vale tamén responsabilidade, equilibrio, sensatez. Calquera antónimo de manipulativo, falso ou delirante serviría. E non son persoa de meterme coa profesión porque todos, repito todos, “levamos a penitencia”, sobre todo aqueles que traballamos en medios privados que unicamente subsisten en base a publicidade que conseguen vender. Un difícil xogo no que a obxectividade non cabe. Por esa razón me custa moito falar mal dos profesionais. Outra cousa é falar mal dos medios nos que traballan. A diferenza esta en que os profesionais son empregados e poden (de feito é así) pensar ben distinto a aquilo que escriben. Pero os medios… os medios e os seus directores son outra cousa. O mundo é como é, non como queren certos xornais que sexa. Así, si un paisano vai en bicicleta pola estrada e cae da bici, o titular do suceso podería ser “Ciclista resulta ferido leve o caer mentres circulaba por tal estrada”. Pero si un escribe para o ABC (por exemplo) en determinadas circunstancias podería chegar a titular “Rubalcaba e Caamaño provocan que un ciclista se lesione de gravidade o provocarlle unha caída” en base a que o paisano ia escoitando a radio e saíron nela unhas declaracións dos dous ministros. Esto é literatura de ficción e nada ten que ver coa información. E mentira, punto. Non hai matices, non hai versións nin ángulos distintos dende onde mirar o que se quere contar. E falso e os que o dixeran serian mentireiros. Pola mesma regra de tres, dicir que un cargo se reuniu con un alcalde nun titular e desmentirse un mesmo na letra da noticia é propiamente vergoñento. Non ten que ver con mirar o mundo “con outros ollos” con ser de dereitas ou de esquerdas ou con entender da política de xeito diferente a outros. O titular é mentira. Fin. Os que o firman son mentireiros. Unha valoración parecida merecen os xordos, cegos e mudos medios televisivos (públicos para mais señas) que ignoran unha operación con mais de 20 imputados, que prefiren falar de Andalucía antes que da comunidade que da nome a súa cadea pero que si ofrecen unha entrevista cun alcalde imputado por seis delitos gravísimos so porque ese presunto delincuente di cousas que a dirección desa cadea lle gusta escoitar, sobre delirantes conspiracións e incribles contubernios. Esto tamén esta mal. Peor si cabe, porque se fai con cartos publicos. Así as cousas ¿a quen crer?, ¿quen di a verdade?. Bueno, iso depende de cada un. Eu direi que fago o que podo e que aínda así, me trabuco constantemente. Un erro é comprensible, a mala intención non. Recomendaría ler a todo o mundo, contrastar, ver, escoitar e a fin, si é posible, sacar unha conclusión. Sinto, non hai un xeito fácil. Desentrañar que pasa e como pasa custa. Non hai garantías plenas, eu polo menos non podo ofrecelas. Fago o que podo repito. Sei que hai outros xornalistas que tamén, aínda que os seus xefes non e prefiran venderse a quen lle ofreza catro especiais consecutivos pagados. Pero, como xa dixen, iso é cousa dos xefes, non dos empregados. Os empregados, normalmente, fan o que poden. Eu, podo prometer que nos meus pensamentos e na miña intención non están nin manipular, nin escaquear nin terxiversar aquilo que conto a diario no exercicio da miña profesión. Outros, o digo claro, non poden dicir o mesmo. Ala cada un.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores