Falso
13:42 06/05/11
Nesto de contar cousas ninguén esta libre de pecado. Existe a crenza de que no oficio de informar o máis loable, o primordial, é a obxectividade. Un ideal dificilmente aplicable e mais ben utópico que dende hai moitísimo tempo foi sustituido no exercicio da profesión de contar o que pasa por outra regra, mais ben código de actuación; a seriedade.
Vale tamén responsabilidade, equilibrio, sensatez. Calquera antónimo de manipulativo, falso ou delirante serviría. E non son persoa de meterme coa profesión porque todos, repito todos, “levamos a penitencia”, sobre todo aqueles que traballamos en medios privados que unicamente subsisten en base a publicidade que conseguen vender. Un difícil xogo no que a obxectividade non cabe. Por esa razón me custa moito falar mal dos profesionais. Outra cousa é falar mal dos medios nos que traballan. A diferenza esta en que os profesionais son empregados e poden (de feito é así) pensar ben distinto a aquilo que escriben. Pero os medios… os medios e os seus directores son outra cousa.
O mundo é como é, non como queren certos xornais que sexa. Así, si un paisano vai en bicicleta pola estrada e cae da bici, o titular do suceso podería ser “Ciclista resulta ferido leve o caer mentres circulaba por tal estrada”. Pero si un escribe para o ABC (por exemplo) en determinadas circunstancias podería chegar a titular “Rubalcaba e Caamaño provocan que un ciclista se lesione de gravidade o provocarlle unha caída” en base a que o paisano ia escoitando a radio e saíron nela unhas declaracións dos dous ministros. Esto é literatura de ficción e nada ten que ver coa información. E mentira, punto. Non hai matices, non hai versións nin ángulos distintos dende onde mirar o que se quere contar. E falso e os que o dixeran serian mentireiros.
Pola mesma regra de tres, dicir que un cargo se reuniu con un alcalde nun titular e desmentirse un mesmo na letra da noticia é propiamente vergoñento. Non ten que ver con mirar o mundo “con outros ollos” con ser de dereitas ou de esquerdas ou con entender da política de xeito diferente a outros. O titular é mentira. Fin. Os que o firman son mentireiros.
Unha valoración parecida merecen os xordos, cegos e mudos medios televisivos (públicos para mais señas) que ignoran unha operación con mais de 20 imputados, que prefiren falar de Andalucía antes que da comunidade que da nome a súa cadea pero que si ofrecen unha entrevista cun alcalde imputado por seis delitos gravísimos so porque ese presunto delincuente di cousas que a dirección desa cadea lle gusta escoitar, sobre delirantes conspiracións e incribles contubernios. Esto tamén esta mal. Peor si cabe, porque se fai con cartos publicos.
Así as cousas ¿a quen crer?, ¿quen di a verdade?. Bueno, iso depende de cada un. Eu direi que fago o que podo e que aínda así, me trabuco constantemente. Un erro é comprensible, a mala intención non. Recomendaría ler a todo o mundo, contrastar, ver, escoitar e a fin, si é posible, sacar unha conclusión. Sinto, non hai un xeito fácil. Desentrañar que pasa e como pasa custa. Non hai garantías plenas, eu polo menos non podo ofrecelas. Fago o que podo repito. Sei que hai outros xornalistas que tamén, aínda que os seus xefes non e prefiran venderse a quen lle ofreza catro especiais consecutivos pagados. Pero, como xa dixen, iso é cousa dos xefes, non dos empregados. Os empregados, normalmente, fan o que poden. Eu, podo prometer que nos meus pensamentos e na miña intención non están nin manipular, nin escaquear nin terxiversar aquilo que conto a diario no exercicio da miña profesión. Outros, o digo claro, non poden dicir o mesmo. Ala cada un.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.