Fascismo

Existen persoas equivocadas. Tratase de veciños, amigos, familiares. Están entre nós e, na maioría dos casos, non percibimos o seu punto de vista equivocado ata que pasa algo. Un desastre, unha revolución, feitos que derruban a orde social natural, que acaban co poder establecido nun momento determinado. Aquí pasou, hai xa 74 anos. Foi a última vez na que ese rasgo destrutivo e fraticida do carácter dos fascistas quedou evidenciado e saíu a flor de pel, así, sen rede. O fascistas, a fascista, o é por definición e educación. O longo da súa vida foi instruído e instruída nun xeito de entender a vida cos demais. Un mundo diferenciado claramente en clases, en estratos. Unha orde natural da vida social que di que eles, os fascistas, son os que mandan. Sen argumento xustificador desa posición, porque si. Porque eles son os vencedores e, estean no certo ou equivocados iso da o mesmo. Mandan porque si, que carallo. Pola graza de Díos. O auténtico fascistas e a auténtica fascista pura raza son de natural violentos. Ás veces o exteriorizan fisicamente, matando, violando, apalizando, “pasando pola pedra” no seu argot particular, os “roxos de merda” ou a calquera que, porque así é coma realmente é o mundo, lles leve a contraria ou discuta o seu liderazgo. Ás veces o e a fascista carece de redaños ou capacidade para demostrar con violencia física o seu desprezo así que, normalmente, recorre a violencia verbal. Pero aquí se abren dous camiños claros. O do fascista convencido e integrado no seu propio credo, que a cara descuberta acode alí onde considera que esta a ser vulnerado o seu liderado fascista e alí insulta, critica ou falta a persoas ou entidades. Mostras disto mesmo as podemos apreciar a diario en xornais, televisións e medios de comunicación vinculados a unha corrente concreta de opinión, unha que a súa vez emana e bebe dun xeito de pensamento baseado en que todo aquel que non pensa coma eles esta equivocado e, ademais, actúa a mala idea. Hai outra corrente. O e a fascista que insulta dende o anonimato. Esta clase de insultador profesional, de natural feminina e maior, carente de todo sentido, decide, por exemplo, chamar a unha emisora de radio e “recomendar” a un xornalista “que ande con coidado” co que di. Así, sen complexos. A fin de contas, ela, ou el, é fascista, a causa que defende non ten tacha e ese impresentable de contacontos mentireiro que sae pola radio esta ahí de casualidade e seguro que movido por intereses persoais espurios, dedica os minutos que o vulgo lle permite ocupar e onde deberían falar persoeiros dos que había antes, cando Franco, que eses si que sabían. Claro. Este impresentable, si eu puidera, íase enterar. Lástima de anos, mecachis. Pero a min este vaime escoitar. “Dille que ande con coidado”. Hai esta, que se entere. Roxo de merda. Están entre nás. Desactivados, agazapados, agardando o momento para amosar a súa verdadeira cara, violenta, incapaz, resentida, chea de odio cara os demais. Descubrimos a súa verdadeira face cando, no fragor de revolución, acuchillan, apalean, ameazan. Castigan. E antes, cando a lei prevalece aínda que sexa pouco, cando actuar a cara descuberta podería ser perigoso e evidenciar que un, ou unha, e fascista, pois nada. Para isto esta o telefono, ¿verdade? Aviado, ou aviada, vai calquera que pense que os que non somos fascista nos amilanamos porque alguén nos ameace por telefono. Van aviados.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores