Folga
30 de marzo de 2012 (10:22 h.)
Despois do sucedido este xoves no que España, por unha ampla maioría, amosaba na rúa que non toda está tan apapaostiada como a veciñanza da Costa da Morte o propio sería que o goberno reflexionara. Pero, xa o adianto, non o vai facer.
Gustariame falar agora de como un goberno debe actuar cando recibe tal contestación social pero, non podo. A razón é que non teño demasiada fe, cando as cousas estan como estan por aquí, nas protestas fundamentadas, pacíficas e masivas. Non por nada. Non acredito na intelixencia dos dirixentes, nin para gobernar nin para entender a vontade popular, libremente expresada.
Exemplos desto que digo os temos a puñados, o máis recente por escandaloso e claro a Guerra do Irak. Un aplastante 90% da poboación, naquela era previa ao descalabro do PP de Aznar nas eleccións do 2004, contestou daquela ao CIS que estaba en contra da participación de España naquela componenda. E tanto me dá como tanto me ten.
Cre o dirixente que, por definición, a maioría absoluta lexitima para o poder absoluto. E iso non so é mentira senón que ademais... non é certo. A maioría absoluta, no sistema electoral español non significa nada máis que iso. Que a maioría dos que votaron (o 60 por cento) quere que mandes ti (é dicir, que che elexiu un de cada tres). Iso é unha minoría. Moi minoritaria, ademais.
Por engadido, a reforma laboral é directamente infame. Non vai sever para crear emprego (recoñecido isto polo propio goberno), non vai server para impedir que siga subindo a taxa do paro (tamen recoñecido polo goberno) e, ademais, non ten sentido nun país coma o noso. En España os empresarios non deciden a contratación en función de criterios produtivos senón de pura interese particular. Contratase se non afecta a conta de resultados. Aos beneficios, para ser exactos. O resto dá igual. E así, unha reforma que abarata o despido so serve para iso. Para despedir. Hoxe, mañá e o ano que vén.
Isto o PP xa o sabe, igual que o sabía o PSOE e por iso non chegou a isto na sua cuasi-reforma de 2010. O paro en España é endémico, namentres non entendamos que traballar non é un dereito, é unha obriga. Unha obriga vital, como respirar, para obriga a fin e o cabo.
Para rematar direi que eu sei quen é o meu inimigo. Teño varios, pero un prevalece sobre todos. Chámase “Capital” e dirixe con total impunidade a miña vida e a vosa. Viste traxe e garabata, ten cincuenta e pico anos e manexa fondos sen límite nunha orxía de gasto e luxo desenfrenada. Poñédelle vos o nome que queirades (Botín, González, Ortega) dá igual. Eles mandan e o resto pelexamos polas migallas. En Compostela, tres manifas distintas a horas diferentes. En total, máis de 15.000 persoas pola rúa e todo pechado ata as seis da tarde (bares incluidos). O meu inimigo non é nin a CIG (coa que non coincido) nin CCOO e a UXT (cos que tampouco). O meu inimigo manda na policia, en Facenda e nos orzamentos que me deixan sen Parador, sen autoestrada ou sen tren cando pago os mesmos impostos que calquera.
O meu inimigo me envía a cola do paro o próximo luns. Ese e non outro é o meu inimigo. O que non pode explicarme en base a criterios lóxicos e solidarios que engroso a listaxe do paro porque non se poden pagar os meus servicios. O fago para que alguén gañe máis (ou o mesmo) a fin de mes na súa conta de beneficios.
Esta é España. A democrática. Protesta a dereita e chama cans aos que onte enchían as rúas de Compostela abandonando os seus postos de traballo. Eu digo que foi mellor así. Porque si saltamos este paso, o seguinte e fenderlle a cabeza a algúin político. Que prefiren?, marcha pacífica ou sangue e lume?. Non falta moito.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Verdades
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.