Forza Centro Galego de Bos Aires!
Las obras que el hombre realiza con amor son como los hijos del amor: siempre lo más bello. Los gallegos unidos, fuertes y honrados, honran aquí a España y a Argentina con esta 'obra del amor'.
- [Juan Domingo Perón]
Cando o presidente Perón visita o Centro Galego de Bos Aires o 28 de febreiro de 1950 e asina no Libro de Ouro dedícalle aos nosos emigrantes en terras arxentinas unha moi axeitada louvanza sobre a grande obra construída. Naquel ano de 1950 ---o 7 de xaneiro--- morrera alí no cuarto 202 o inesquecible rianxeiro Alfonso R. Castelao e no mes de xullo celébranse as Xornadas Patrióticas coa presencia de Valentín Paz Andrade [Letras Galegas, 2012] quen escribe o seguinte no libro: “O Centro Gallego de Buenos Aires representa unha culminación do esforzo dun pobo fora do seu lar e no culto ao seu orixe. É a máis radiosa leición de capacidade para a síntesis, para a colectiva integración que un país pode dar e que cecais nin os mesmos galegos poderían dar na Terra. Ten o dobre timbre da solidaridade e da superación, de servicio as necesidades humanas e de promoción das empresas do espírito. Galicia merece todo, mais non podería ser mellor honrada”.
O actual Centro Galego naceu o 2 de maio de 1907 aínda que houbo un primeiro centro fundado o 8 de xullo de 1879 pero só con actividade durante tres anos. En outubro de 1881 organizou os primeiros Xogos Florais de Bos Aires cun xurado formado por Bartolomé Mitre, Nicolás Avellaneda e Lucio Vicente López. O premiado foi Olegario V. Andrade polo poema Atlántida segundo se pode ler na moi recomendable obra Historia del Centro Gallego de Buenos Aires [Centenario 1907-2007] da autoría do doutor Padorno Caldeiro. Os membros do xurado son moi significativos e indicativos da importancia da nosa colectividade. Tanto Mitre como Avellaneda foron presidentes do país e Lucio V. López un destacado político --- Interventor Federal--- e autor da magnífica obra La gran aldea na que recolle os rápidos cambios que se están a producir na capital arxentina coa chegada masiva da emigración europea.
Calquera que escriba ou fale sobre o Centro Galego destacará o mérito da unidade de esforzos arredor dunha lareira común onde quecer os ósos coa forza sentimental das vitaminas que formaban parte da apócema chamada identidade. Moitos séculos antes de que os galegos botasen man dunha aspirina xa tiñan unha eficaz cura dos seus males con doses diarias de identidade. Así foi que sementaron futuro na Habana, Montevideo e Bos Aires sendo inmunes aos desalentos. Os fundadores do Centro Galego de Bos Aires desembarcaron na beira riopratense cunha saúde de ferro. Aqueles pioneiros só confiaban nunha antiga e sinxela receita que funcionaba ben, sempre e cando, o corazón estivese cheo de xenerosidade. O mellor para os problemas da pel son as pingas de orballo; as dores de cabeza desaparecen con quince minutos nunha carballeira e se os nervios andan revoltos, mirando as ondas do mar de Fisterra volven poñerse mainiños.
Os que coñecemos o labor do Centro Galego estamos preocupados polas actuais dificultades que está a sufrir e contra das que está loitando un herdeiro das terras de Covelo, o presidente Vello. O seu esforzo é conciliador e busca con teimosía obeter un consenso que permita saír adiante e avanzar a pesar do pesado lastre dunha herdanza envelenada. As actuais débedas son o froito da fracasada privatización temporal da xestión mutualista de asistencia médica. Os que queremos ao Centro Galego apostamos pola recuperación e desexamos que axiña os nosos emigrantes e os seus descendentes poidan volver a ser unha firme aliaxe sentimental nunha entidade que forma parte do seu patrimonio persoal. Non esquezamos que os donos son os propios asociados e que os dirixentes son uns socios máis, aos que se escolleu para empuñar as rendas da sociedade. O dous de maio de 1907, na rúa Alsina 946, os fundadores fan constar que os que se reúnen son “un grupo de entusiastas coterráneos, guiados a cual más, de un entrañable cariño a la región gallega”. Ninguén dubida que o “cariño” trasmitido polos fundadores é hoxe necesario tamén para que os actuais dirixentes rematen a tarefa coa fonda satisfacción da misión cumprida.
Quero facer unha suxestión a xeito de colaboración para intentar que a sección cultural do Centro Galego [Instituto Arxentino de Cultura Galega] colla novos pulos logo dun tempo de escasa actividade. Trátase de dúas propostas: unha sobre a posta en marcha dun Fogón Gayego e outra sobre a creación dun programa de Visitas Culturais. Coido que a misión do Instituto é a de arroupar aos emigrantes para que manteñan acesos os seus sentimentos ao mesmo tempo que se promociona na Arxentina o valioso labor da emigración galega. As reunións arredor do fogón terían lugar os sábados pola tarde logo dos cursos de Cultura Galega que alí se imparten. Os alumnos dos cursos son os principais destinatarios destes fogóns nos que un convidado ou convidada fai o relato da súa vida. Trátase de escoitar e logo participar nun coloquio no que irán xurdindo anécdotas e historias que forman parte activa da historia da emigración galega na Arxentina. As visitas buscan que o Centro Galego sexa coñecido por visitantes e turistas nacionais e estranxeiros. Unha vez ao mes e previa inscrición ---recoméndase non máis de 25 persoas--- percorrerán as instalacións en paseo guiado e sempre coa compaña de algún membro directivo do Instituto. Coñecerán o cuarto no que faleceu Alfonso Rodríguez Castelao e gozarán vendo as obras plásticas do egrexio rianxeiro e tamén, entre outras, coas creacións de Luis Seoane, Díaz Pardo, Colmeiro, Laxeiro, Maside.
Poida que non sexa nada orixinal o de propoñer un fogón e unha visita pero do que estou certo é da súa eficacia xa que estamos a meter dos goles ao mesmo tempo. Coa lareira xuntamos os corazóns emigrantes e coas visitas facémonos coñecer fóra do ámbito estrictamente galego. Estou pensando en propoñerlle a miña boa amiga Graciela Pereira que fale con don Carlos Alberto e lle expoña a miña humilde proposta. Se a resposta é positiva haberá que comezar a programar a rolda de convites para abeirarse arredor da lareira. A min paréceme moi axeitado e mesmamente protocolario que sexa a presidenta da República Arxentina a que inaugure o Fogón Gayego. Será unha xornada histórica e un gran privilexio poder escoitar cando dona Cristina recorde ao seu avó da Fonsagrada que foi quen fixo do seu pai un “laburador colectivero”. As candeas do 105 aniversario anuncian tempos de esperanza para o noso benquerido Centro Galego de Bos Aires...cumpreanos feliz!
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).