Hai que aprender do goberno arxentino!
Aquí neste noso verde paraíso atlántico estamos sendo esmagados por unha forte crise que nos está a deixar sen folgos diante dunha serie de acontecementos que parecen saídos da fantasía dun autor de textos de ciencia-ficción. Que no ano 2013 perdamos a milleiros de universitarios que van traballar fóra non pode ser real e tampouco que os mellores mariñeiros do mundo non teñan onde pescar ou que os nosos vizosos prados estean sen vacas. Algo fixemos mal. Non sei eu se toda a culpabilidade é daqueles famosos préstamos hipotecarios dos Estados Unidos que disque afundiron tamén aos cidadáns galegos.
Se somos capaces de espirnos das trapalladas contaminantes do FMI ---queren convencernos de que somos pouco aforradores--- poida que atopemos aló no sur unha saída e un freo aos que moven o seu capital financeiro polo mundo adiante para desfacer os piares do progreso social en liberdade. Estou a falar da miña querida República Arxentina [alí teño enterrados varios familiares] que desde novembro de 2008 está loitando contra da crise con expansión. Coido que todo o mundo entende que rebaixando os salarios non se vai a ningures. Entón? Antes de falar do proxecto arxentino quero pedirlle aos lectores que non fagan ningunha descalificación de tipo persoal. Quero dicir que non centren a crítica nunha persoa senón que discutan sobre as medidas do programa anti-crise do actual goberno arxentino.
Imos botar unha ollada as medidas que está levando adiante o goberno arxentino para minimizar os efectos dunha crise internacional que peta forte enriba das economías locais. Trátase de que aumente a actividade económica mediante o impulso e o estímulo. O goberno aposta polo crecemento e pola
No referido ao emprego foron creados máis de 400.000 postos de traballo. As obras públicas, os investimentos privados na construcción e as medidas para a penalización do traballo sen afiliación están conseguindo que haxa moi poucos desempregados. Os especialistas Alfredo e Eric Calcagno din que “la Argentina enfrenta la crisis internacional con un programa keynesiano de expansión de la inversión y el empleo. Está en condiciones de hacerlo por su sólida situación económica y fiscal”. O certo é que o goberno arxentino recuperou a súa capacidade para definir a súa política económica. Nós, en cambio, somos unhas insignificantes marionetas dun moi fermoso e afastado espazo na fin dos camiños de Santiago. A República Arxentina amosa que é posible medrar sen depender do financiamento externo.
Un feito que quero destacar é a creación de tres novas universidades nos arrabaldos de Bos Aires. En concreto están situadas nas localidades de Moreno, José C.Paz e Florencio Varela. Aquí nesta avanzada Europa recurtamos as axudas educativas e culturais e soben as taxas universitarias. Alí, os considerados “retrasadiños” abren camiños para que a mocidade poida chegar aos estudos universitarios. Ninguén negará que erguer tres centros de ensino superior é unha mellora que posibilita o ascenso social para unha poboación de arredor dun millón de habitantes. Na inmensa metrópole de Bos Aires os desprazamentos ocasionan moito gasto e por iso é un avance que se constrúan centros educativos en diferentes zonas do extrarradio bonaerense. A oposición ao goberno actual que preside a neta de don Pascasio Fernández Gómez [emigrante lucense da Fonsagrada] votou en contra da creación das tres novas universidades. O seu patético argumento foi o de que baixaría a calidade educativa. Así se escribe a historia. Poida que os opositores ---ao defender intereses elitistas--- fagan espelir a milleiros de cidadáns que deixarán de comungar cos seus contiños baratos que só defenden aos que máis teñen.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).