Hoxe: Prexuizo (Carballo, 1.997)
10 de marzo de 2011 (09:10 h.)
Cosme Campos camiñaba polos corredores do flamante novo edificio dos Xulgados. A porta dunha das salas de audiencias estaba aberta e asomouse curioso para observar o interior.
Entre o público, reparou en varias persoas de raza xitana que intercambiaban opinións en ton estruendoso. "Estes sempre igual. Reclaman a integración pero non se integran. As súas roupas, os seus costumes, a súa educación...máis ben a súa falta de educación. Deus, como berran. Non, o que queren non é a integración, senón a impunidade para vivir ao seu aire".
A súa mirada pousouse entón no defensor do reo. "O que faltaba, un avogado con pendente. De aquí a un pouco van vir aos xuízos con roupa de locomía en lugar de con togas. Xa se ve o típico moderniño izquierdoso que vive nos mundos de yupi. Todos somos bos e o que delinque é por culpa da sociedade opresiva e alienante e bla,bla,bla...".
Fixouse logo na fiscala, unha moza corpulenta que utilizaba lentes e levaba o pelo recollido nunha coleta. "Baleato á vista! Pois xa podía ir á perruquería de cando en vez...e esas horribles lentes dos 80...pero non terá familia ou parella que lle diga algo? Home, parella está claro que non. Será a habitual resentida polo seu físico que quere enxaular a todo o mundo. Vese rexeitada e en vinganza exerce de xusticieira sen escrúpulos. ¡Non me gustaría caer nas súas mans!".
Agora a súa atención estaba nos membros do xurado. Percorreu os seus rostros un a un, concluíndo un rápido diagnóstico. "Panda de manipulables, está claro. Quitando ao calvo da dereita e ao das barbas canosas, todos os demais teñen pouca personalidade. Eses dous van mover o cotarro ao seu antollo. E teñen pinta de duros, así que a ten clara o presunto".
Precisamente o detido foi o seu último foco de atención. Un mozo de afiados trazos e ollos claros que miraban desafiantes ao resto da sala. "Coño, romanés tiña que ser! E con socios xitanos, non che digo! Claro, se todos veñen do mesmo sitio... E ademais o tío está provocando coa mirada. Facendo amigos no xurado, je, je, je. A ver que se inventa o pasota do pendente, porque o ten difícil".
Cosme Campos apartouse da porta e penetrou nun cuarto anexo á sala. Cando reapareceu nesta, presentárono como "o honorable xuíz Campos" e tódolos presentes levantáronse dos seus asentos. Ningún imaxinou o que pasou pola mente do maxistrado antes da sesión, é dicir, no prexuízo.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: Tómbola (Muxía, 1979) .
- Hoxe: Ven (Buxantes, 1922).
- Hoxe: Amigos (Corcubión, 1.965) .
- Hoxe: A rata vermella (Pereiriña, 1933) .
- Hoxe: Póker (Ponte do Porto, 1977) .
- Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985).
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).