Hoxe: Tómbola (Muxía, 1979)
03 de marzo de 2011 (10:44 h.)
Romería da Barca. Postos, atraccións, tendas, espectáculos, ... e unha tómbola.
- ¡Sempre toca, señores, premio seguro! "¡Y a por otro, y a por otro, y a por otro perrito piloto!"
- Boas.
- Ola.
- Quería unha rifa.
-Pois veña logo, pallaso, que eres un pallaso, que me estás espantando a clientela coa pinta de parvo que tes...
- ¿Pero por que se mete comigo?
- ¿Non quería unha rifa?
- Referíame a un boleto.
- ¡Acabáramos! Pois entón, retiro o de parvo.
- ¿E o de pallaso non?
- Home, con ese enorme nariz vermello e eses zapatos xigantescos...
- O do nariz é unha frieira.
- Pero se as frieiras aparecen nos pés ou nas mans...
- É unha frieira despistada, que xa noto eu que me pica cando a rasco e non ó revés.
- Pois con non rascala, listo.
- Xa, pero ó asoar o nariz cun pano...
- ¿Cun pano? Con tamaño narizón terá que levar a carpa do circo no peto, amigo.
- Xa lle dixen que non son un pallaso e non traballo no circo.
- ¡Pero se os zapatóns son inconfundibles!
- Son aletas.
- ¡É certo! ¿E que fai con elas postas?
- Deumas o mago que ten por alí o espectáculo.
- Coño, o "Mago Osto"; o pobre ten unha castaña de número. ¿E como tiña el as aletas?
- Fanlle falta porque sempre está nadando.
- ¿Nadando o mago? ¿Onde nada?
- Nada por aquí, nada por alá, ...xa sabe.
- Ben, acepto o do nariz e o dos zapatóns, pero esa perruca de estropallo...
- ¡Pero se é o meu pelo!
- ¡Veña, oh! Se en lugar de champú terá que lavalo con Mistol...
- É vostede bastante faltón.
- ¡Diso nada! Pregunte ó dono da tómbola a ver cantas veces faltei eu ó chollo nos dous días que levo traballando aquí. ¡Nin unha baixa collín!
- Home, en dous días tampouco é para tanto.
- ¿Que non? Mire para o posto do lado, aquel barbas de alí; ese leva unha semana nese negocio e xa colleu tres baixas.
- Pero é o xerente do espectáculo que fan as ananas, é normal que se adique a coller baixas.
- Xa vexo que lle da a volta a todo; agora vaime dicir tamén que vostede non parece Fofito...
- Eso si que é certo; dende que deixei de facer abdominais estou algo fofo, si...
- Xa está ben de leria. ¿Quere un boleto, si ou non?
- Si, si. Deme un dos que sempre tocan.
- Ui, eses costan cinco mil pesetas.
- ¿Cinco mil? ¡Pero se eu só teño vintecinco pesetas!
- ¿Vintecinco? Por eses cartos nin leva o "perrito piloto"; como moito lle podo dar un boleto para o "perrito azafato", que é a gamma máis barata.
- ¡Eu o que quería era a moneca chochona!
- Home, coas vintecinco pesetas e o abrigo de pallaso que leva, podíamos arranxar.
- Pois feito, e de regalo lle deixo tamén a paxarela, que de tan apertada que a levo me está deixando sen aire.
- Ui, entón por se afogo deme tamén as aletas.
- Listo. E voume que veñen por aí os meus amigos: ¿Cómo están vostedeeeeeeees?
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: Ven (Buxantes, 1922).
- Hoxe: Amigos (Corcubión, 1.965) .
- Hoxe: A rata vermella (Pereiriña, 1933) .
- Hoxe: Póker (Ponte do Porto, 1977) .
- Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985).
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).