Non vendo ouro!!!
23 de xaneiro de 2011 (23:47 h.)
Moito se pode chegar a falar da crise, e as súas dimensións reais, pero cando realmente entendín que estabamos en ela, foi cando no parabrisas do meu coche comecei a ver o inconfundible papeliño amarelo que dicía “COMPRO ORO”.
A primeira vez que vin o papel no meu vehículo, nunha pequena vila da Costa da Morte, quedei un tanto sorprendida, porque esa publicidade vira en Latino América, en países en vías de desenvolvemento (como eles se chaman), e nunca pensei que esa publicidade chegara ao “primeiro” mundo. O primeiro impacto foi chocante pero tampouco fixen moito caso do anuncio, así que o gardei no peto e “carreteira e manta”!
O problema xurde cando día tras día, o papeliño amarelo volve ao seu lugar de posición estratéxica: ao parabrisas do meu coche. As primeiras veces retiraba o papel con certa resignación, hoxe xa o saco con moi mal humor. Que non vendo ouro!!! Penso mentres retiro, día tras día o que comeza a emporcar as nosas rúas. Non só temos que aguantar aos medios de comunicación cada vez máis amarelos, senón que tamén temos que ver empapelados o noso escenario con carteis da mesma cor, incitándonos a vender o pouco de valor que alguén pode ter.
Seguramente os que mercan ouro nos están incitando a perder os recordos, a empeñar o material para poder utilizar os cartos en fins necesarios. Pero tan mal queren que nos vaia? Xa sabemos que na Costa da Morte se merca ouro, xa entendemos que é unha alternativa extrema para as familias máis aprehensivas, pero é necesario acosarnos con este tipo de publicidade? De feito o que está sucedendo é o efecto contrario, porque a molestia por retirar diariamente o papeliño amarelo, e a súa acumulación no coche, está levando a que lle collamos tanta manía a esa empresa, como as compañías telefónicas que nos acosan a horas intempestuosas.
O lamentable é que os mesmos que mercan o noso ouro serán os que mañá se subirán aos medios de transporte público e berrarán “vendo coro!!!” a imitación grotesca do chapado en ouro, que mercarán as persoas que tiveron que desfacerse do seu metal orixinal.
Que non vendo ouro!!!! E non o fago, porque non o teño, e non o fago porque non quero, porque me molestan as empresas que tratan de incitarnos a perda total do pouco pasado que lle queda a algunhas familias, e non fago porque a publicidade, lonxe de persuadirme, chegou a molestarme.
Susana Alvite (susanaalvite[arroba]quepasanacosta.gal).
Soliloquios anteriores
- Sabedes que? Aí vos quedades!.
- Limpando conciencias.
- Cando os maiores se volven calados…
- Outro día máis sen razón de ser.
- Non é sen tempo.
- Pensando nas Mulleres Traballadoras.
- Amodiño e con boa letra (por favor).
- As deficiencias da Costa en materia de comunicación.
Novas relacionadas
- Máis de 100 empresarios do sector turístico aprenden a venderse na rede con Abertal. Galinus e Hexis.
- O sector turístico aprende a pescar na rede.
- Os problemas dunha locutora de radio para desenvolverse profesionalmente con esta conexión.
- Galinus explica os seus produtos cun novo e simpático vídeo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).